GP2X Wiz, consola feita con Sw Libre

Unha consola de peto con Software Libre fabricada en Corea do Sur procura abrir un oco no xa de seu apertado mercado destes trebellos. Batizada co nome de GP2X Wiz, ofrece as mesmas prestacións que calquera das ' raíñas ' do entretemento dixital portátil: reprodución de boa parte dos formatos multimedia, pantalla táctil, conexión WiFi e unha oferta ilimitada de xogos.

Israel López, informático que participou na construción e mellora desta consola pasou polo "Curso Internacional de Verán da Universidade de Estremadura: Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre", contribuíu ao desenvolvemento dos primeiros prototipos desta consola e ao deseño dun dos xogos incluídos no seu recente lanzamento ao mercado internacional.Participou ademais na mellora de determinados elementos do hardware.

A principal virtude desta consola segundo López é o feito de dispor dunha arquitectura aberta que permite a cada usuario programar as súas propias aplicacións, en lugar das particulares blindaxes que establecen os fabricantes de PSP ou Nintendo DS, como a necesidade dunha autorización por parte destes fabricantes e unha confusa burocracia para poder participar na programación de xogos. Ademais pódense descargar xogos de forma legal e gratuita. Son varias as tendas que venden a GP2X Wiz a un prezo que oscila entre os 150 e os 160 euros.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Bolsa de Londres abandona plataforma M$

"Quen fora tolo dabondo para crer que o software de Microsoft era suficientemente bo para ser empregado en operacións de misión-crítica recibíu unha boa bofetada este pasado setembro cando o sistema Windows TradElect da LSE (London Stock Exchange) levou ao mercado a unha parada de case unha xornada laboral enteira. Aínda que a LSE negara que o colapso fora debido ao TradElect, tamén rexeitaron explicar cal foi realmente o problema. Fontes da LSE dixéronme ese día que o problema foi o TradElect".  Así da comezo o artigo de Steven J. Vaughan-Nichols anunciando o definitivo abandono do sistema da LSE.

Ese parón provocou a saída do posto da xerente desta Bolsa responsable da incorporación desa tecnoloxía, Clara Furse. Pola contra, sábese que o novo CEO (xerente), Xavier Rolet, xa decidiu poñer fin a TradElect.

TradElect funciona en servidores HP ProLiant executando Window$ Server 2003, sendo un software mestura de programas feitos en C# e .Net, todo ilo creado por Micro$oft e Accenture. O conxunto confiaba as transaccións na base de datos M$ SQL Server 2000. O obxectivo era manter tempos de resposta menores a dez milisegundos.

Ese obxectivo xamais chegou a acadarse. Aínda peor, a principal competidora, a rival Chi-X coa súa plataforma MarketPrizm confirmou que si foi capaz de entregar este nivel de rendimento. "A resposta é Linux".

Steven engade "Só podo preguntarme cantos fallos máis de software empresarial feito para Window$  hai e mantéñense agochados polos departamentos TIC de empresas que non queren revelar que estúpidas foron as súas decisións ao confiar en solucións de software de Window$ que probaron ser arcaicas e irritantes".

Finlamente, Steven suxire que confíe a súa infraestrutura en Linux xa que logo a tecnoloxía Chi-X está a demostralo en CME (Chicago Mercantile Exchange), NYSE (New York Stock Exchange), etc.

Nótese que Chi-X ofrece unha solución tecnolóxica aberta e estandarizada maila ser privativa, que se executa sobre GNU/Linux.

Souben deste artigo por Fernando Acero.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Shutter, capturas de pantalla con editor integrado

Shutter, antes nomeado GScrot, é un programa mellorado para faceres capturas de pantalla. Podes capturar unha área, fiestra, o escritorio completo ou até unha páxina web, aplicando diferentes efectos, sinalando partes esenciais e logo subir o resultado a algures, todo feito no mesmo programa.

Shutter vén con licenza GPL v3 e con estas funcionalidades convértese nunha cómoda ferramenta educativa.

Deixo aquí unha primeira mostra que fixen con este programa, xusto para resaltar a anotación sobre Blueman.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Blueman, completo xestor Bluetooth

Blueman é un xestor Bluetooth feito en GTK+, licenza GPLv2,  deseñado para ser sinxelo e intuitivo nas tarefas habituais:shutter-proba-blueman

  • Conexión poro 3G/EDGE/GPRS vía perfil DUN.
  • Conéctase e crea redes bluetooth
  • Conéctase a dispositivos de entrada
  • Conéctase a dispositivos de audio enviando/recibindo/navegando ficheiros vía OBEX

Blueman intégrase perfectamente co Network Manager 0.7 en GNOME, facendo doadas as conexións a redes de banda larga polo móbil.

Tes varias pantallas do programa na súa versión 1.0 e varios formatos de paquete para descargalo. Outras opcións a máis de Blueman podes atopar aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teambox, xestión colaborativa de proxectos

A plataforma Teambox permite organizar grupos de traballo gratuitamente na súa versión hosted, sen máis que crear unha conta de usuario e invitar ao resto do grupo. Tamén está dispoñible para instalar no teu propio servidor na súa versión libre con licenza Affero GPL v3.

En Teambox, a diferenza de Google Docs, a unidade básica é o proxecto e non o documento. Cada proxecto contén conversacións, listas de tarefas e un pequeno wiki (páxinas compartidas). Tamén conta con chat de grupo, capacidade de subida ilimitada e notificacións de correo-e.

Integralo nunha organización existente é moi sinxelo, ao poder enviar mensaxes e responder a unha dirección tipo  proxecto at teamboxapp.com.

A startup acaba de recibir unha rolda de capital semente para ofrecer un software de calidade en código aberto. O modelo de negocio baséase en ofrecer valor engadido nas versións hosted (100% gratuíta coas súas características actuais) e os servizos de instalación e mantemento a empresas nas súas versións personalizadas.

O concepto de SaaS (Software As A Service) non é novo na xestión de proxectos. Por iso foi necesario innovar no modelo de negocio e o produto. Teambox ofrécese polo momento en castelán e inglés, e proximamente lanzará máis idiomas.

Souben desta plataforma por Jorge Fuertes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o "dilema" Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema.

Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto Mono, o proxecto de código aberto iniciado por Ximian e actualmente impulsado por Novell (tras a adquisición de Ximian) para crear un grupo de ferramentas libres, baseadas en GNU/Linux e compatibles con .NET segundo o especificado polo ECMA ( European Computer Manufacturers Association), segundo a Wikipedia-es.

En nome de Canonical e do Corpo Técnico de  Ubuntu, Scott James Remnant emitíu un comunicado respecto a Mono. A legalidade de Mono é a miúdo unha preocupación esencial para quen defende o Software Libre de patentes e outra propiedades intelectuais que pertencen a Microsoft.  Pois ben, maila todo o acontecido, Ubuntu decidiu reafirmarse na súa posición respecto a Mono.

Mono é unha parte integral de Ubuntu dado que F-Spot, Tomboy e outras aplicacións dependen da implementación libre de C# /. Net. Nestes intres, porén, Ubuntu non ten problemas co proxecto Mono e continuará tendo Mono como parte do seu sistema principal de paquetes. Dado que Ubuntu e outros proxectos de software libre non recibiron aínda ningún aviso legal por infrinxir ningunha propiedade intelectual, eles han seguir empregando Mono porque, ademais, cumprir coa legalidade é unha prioridade no proxecto Ubuntu.

Souben da postura de Ubuntu por esta fonte.

Agora que tes o parecer de dúas partes, podes tomar daquela a túa propia opinión ao respecto.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Por que extirpar Mono? Como facelo?

Richard M. Stallman comenta:

A decisión de Debian de incluir Mono na súa instalación predeterminada, pongamos por caso que debido a que Tomboy está escrito en C#, leva á comunidade a unha dirección arriscada. É perigoso depender de C#, polo tanto preciso desanimar o seu uso.

O problema non só é debido a Mono xa que logo calquera implementación libre de C# tería o mesmo trato. O perigo é que Microsoft está planexando forzar a toda implementación libre de C# a moverse ilegalmente polo emprego de patentes de software. (Olla http://swpat.org e http://progfree.org.) Este é un serio perigo, e só os aparvados deberían ignoralo ata que algún dia iso aconteza. Precisamos tomar precaucións agora para protexernos dun vindeiro perigo.

Se concordas con esta visión, podes desisntalar Mono e todas as súas dependencias executando este comando (en Debian, Ubuntu e similares):
sudo apt-get remove --purge mono-common libmono0 libgdiplus
&& sudo rm -rf /usr/lib/mono

tal e como sinala este HOWTO. A máis hanse desisntalar algunhas aplicacións como Tomboy, Banshee, F-Spot ou Gnome Do.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Multimedia Moovida soporta Jamendo

Moovida, o Centro Multimedia antes nomeado como Elisa, está a ter un sólido e rápido desenvolvemento. O proxecto é multiplataforma (descargas), co núcleo baixo licenza GPLv2 e tamén dispoñible baixo acordo de licenza comercial da empresa catalá Fluendo S.A..

Os plugins danlle máis funcionalidades ás que veñen por defecto en Moovida. O último deles e o plugin de Jamendo para Moovida co que podes escoitar hoxe máis de 21.000 álbums Creative Commons. Será un dos plugins que virá instalado por defecto en Moovida.

Máis información sobre Jamendo.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Firefox 3.5, novidades en video breve

O recén anunciado Firefox 3.5 vén cargado de novidades. Podes comprobalo neste video (2'52"):

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa.

MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas a FFmpeg.

MediaMosa facilita o acceso e a utilización da capacidade de almacenamento (compartido), metadatos de bases de datos, transcodificación-streaming e servidores. Ofrece funcionalidades para buscar, xogar, subir, transcodificar...

Principais características:

  • Plataforma de entrega de audio, vídeo (e outros contidos)
  • Streaming de calquera formato (por exemplo, Flash, H.264, MPEG-4, WindowsMedia...)
  • Transcodificación baseada en FFmpeg
  • Conxunto flexible de elementos Metadata
  • Licenza GPLv2

(1) REST: Transferencia de Estado Representacional (Representational State Transfer) ou soamente (REST) é unha técnica de enxeñaría de software para sistemas hipermídia distribuídos como a World Wide Web. O termo orixinouse no ano de 2000, nunha tese de doutorado de Roy Fielding, un dos principais autores das especificacións do protocolo HTTP que é utilizado por sitios web da internet.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil:

"Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e dar um gosto brasileiro na comida, ou nós iríamos comer aquilo que a Microsoft queria vender para a gente".

Este video voi atopado en varias fontes, entre elas, esta.

Referido tamén ao presidente Lula e ao amigo Claudio F. Filho deixo este video que amosa a súa entrada no FISL con Claudio entregándolle a camiseta do BrOffice e recibindo unha emotiva aperta.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU:

Tes máis informacións na fonte, tamén fotos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google