Crea o teu propio GNU/Linux

Acotío ollamos como medra o número de cds-vivos baseándose nalgunha das meirandes distribucións de GNU/Linux coma Debian, Slackware, RedHat...

Até hai algunhas distros coma a Kurumin, baseada a súa vez na Knoppix e esta na Debian :-), que inclúen scripts para personalizar a devandita Kurumin e daquela facer dela a túa propia versión. Así xordiu, por exemplo a Kalango.

GENDIST é outro dos varios proxectos existentes coa finalidade de xerar novos cds-vivos. GENDIST axúdate a automatizar o proceso de manter o teu sistema de ficheiros raíz, o teu sistema de ficheiros do CD e empaquétao todo. Na actualidade hai un desenvolvemento seu liderado por Jesús Espino (membro de GUL, Universidade Carlos III de Madrí) que, grazas a empregar coma calzador a Metadistros, fai aínda máis sinxelo e rápido todo este proceso.

Resta sinalar aínda moitas outras opcións para acadar a teu propio cd-vivo, até podes facelo dende cero con LFS. O que si semella evidente a cada dia que pasa é que este obxectivo estase a converter nun xogo de nenos. Canto queda para termos unha aplicación na que só facer seguinte, seguinte e queimar o teu cd-vivo? Acho que case nada ;-)
Tamén podes crear o teu propio cd de instalación coa selección de paquetes que queiras, baseándote nas principais distros, etc, e todo vía web eiquí co método seguinte, seguinte ata rematares.

Publiqueino en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply