As primeiras “Xornadas de aplicacións web de software libre para Pemes” que organiza a Aula TIC-PEMEs da USC, recentemente creada, que xorde no eido do Plan Estratéxico das TICs 2003-2006 elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela.
As Xornadas están orrientadas a coñecer os mellores exemplos de aplicacións web de Software Libre de "Alto Impacto Actual"
·Plataformas de éxito: Xestores de Contidos para a construcción de portais web externos, internos e mixtos, (Mambo, Drupal, Typo3); Sistemas de Publicación web para a creación de periódicos internos, externos, e-catálagos de produtos, e-revistas, Bibliotecas de empresa, Boletín de Asociacións, ... (SPIP, WordPress, e outros); Plataformas de e-formación (Moodle, Claroline); e así sucesivamente en cada unha das sesións programadas.
·Analizar exemplos reais de interese, coñecer as plataformas por dentro, comprobar as súas capacidades e curvas de aprendizaxe, comprobar a súa usabilidade, estimar a dificultade-facilidade de instalación e posta en marcha, estimar áreas de uso experimental, etc.
·Coñecer plataformas de Softawre Libre que están a ser usadas en empresas multinacionais, ONGs internacionais e locais, universidades de renome, ministerios gubernamentais e organismos internacionais, e que en moita menor medida están a ser empregadas nas pemes e nas súas Asociacións.
·Manter uns foros temáticos de debate sobre estas ferramentas, abertos ao longo da duración das xornadas, e accesibles despois da súa finalización.
Estas primeiras xornadas da Aula TIC-PEMEs terán lugar os venres de 17 a 20 h. e os sábados de 11 a 14 h. do 26 de maio ao 23 de xuño en:
·As catro primeiras sesións: Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo
·As tres seguintes: Facultade de Ciencias do Campus de Lugo
·A derradeira sesión: Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo
A Temática das mesmas será a seguinte:
·Plataformas de Xestión de Contidos (26/05/2006)
·Sistemas de Publicación web (02/06/2006)
·Plataformas de e-formación (03/06/2006)
·e-Sistemas de Traballo Colaborativo (09/06/2006)
·Comercio electrónico, creación de tendas virtuais (10/06/2006)
·Sistemas de Relación cos Clientes, CRM (16/06/2006)
·Sistemas de Xestión de Recursos da Empresa, ERP (17/06/2006)
·Software aberto e novas empresas de base tecnolóxica (23/06/2006)
Soporte Web das Xornadas
A Plataforma de e-learning será o soporte principal das xornadas, onde haberá documentación e recursos adaptados a cada temática, materiais dixitais, enlaces, foros de opinión.
A inscrición é obrigatoria e individual para cada sesión, e deberá realizarse ata tres días antes á data da sesión correspondente na aula virtual
http://ietxesta.usc.es/evapemes/
Fonte: EGANET
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »