Non sei se estou errado (Fundación Gates)
No sei se estou errado sobor da nova que publiquei tanto en AGNIX coma en Chuza!
Coma anécdota lembro algunhas doazóns que fixeran: no caso do tsunami do Pacífico o propio Michael Schumacher (Miguel Zapateiro) doara máis ca el; lembro algunha doazón contra a malaria e era 1 millón de dólares… Repito, todo isto é o que lembro mais agora están a dicir que levan doado máis de 10.000 millóns!
Hai ben tempo que escoito e leo cousas da laboura filantrópica do matrimonio Gates. E claro, sen ter datos oficiais e fidedignos, non se debería falar. Eu fíxeno e acho que iso non é bo nin sa. Sexa coma fora, o caso é que é mellor doar cartos ca malgastalos e máxime se teñen tantos.
En: Persoal por Roberto Brenlla

[...] cando recibira ese premio, escribín que tal feito era vergoñento. Ao dia seguinte dubidaba «Non sei se estou errado». Agora acho que [...]