Difama que algo sempre queda

Disto teño lamentablemente moita experiencia.

Primiero foi un dunha asociación que tentou convencer ao resto de GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux) que eu lle daba ordes e outras cousas. Ao parecer refiríase a unha mensaxe onde pedín que me chamara urxentemente dado que unha persoa pedira un orzamento e a min ocorréuseme darllo á xente desa asociación. Daquela non tiña empresa nin proxecto dela. Rectificou? Non. Aceptou reunirse conmigo para falar do tema? Non. Mais o lume nese GUGL xa estaba prendido...

Despois veu o da historia dos 50 euros que un relator non quería cobrar o cal xerou unha burocracia que me levou ben tempo resolvela. Iso fixo que recriminase ao seu autor durante dous minutos, literalmente, nada máis. Mea culpa! El levou a desputa cara ese mesmo GUGL e novamente a voltas cos lumes.

Xa levaba tempo promocionando o Sw Libre, fora onde fose: Parlamento, partidos políticos (visiteinos a todos, até a EG-EU!), concellos, empresas... Ao fin saiu o do CESGA mais publicamente só levei ostias e máis difamacións. Por exemplo, un de Trasno insistiu en que eu gañaría ese concurso... e agora segue insistindo que houbo chanchullo. E a nosa empresa (agora si a temos e somos seis socios) nin se presentou! Como é posible? Para que tantas horas de adicación? Para que tantas viaxes? Para recibir ostias difamatorias? Por suposto, non me presentei a ese concurso nin tiven nunca idea de facelo mais, segundo o difamador, todo estaba amañado ao meu favor.

O colmo aínda estaba por vir. Dende o 2003 propuxen a idea de esixir o "GNU/Linux para O Pobo". Uns poucos comezamos ese traballo de xeito voluntario. Mais no 2005 creouse unha empresa que se adica ao mesmo. Sen problemas, isto é Sw Libre! Pero por que un desa empresa púxose a usurpar a miña identidade? Certeza non teño, só logs, declaracións de xente preto ao difamador, etc. Iso si, outra difamación sae e... despois algo sempre queda.

Por que digo que algo sempre queda? Lamentablemente comprobeino no pasado Enblogs'06. Varios que estaban conmigo na comida preguntáronme: "Por que te levas mal con tódoslos GUGLs?" Pero se me levo ben con todos eles agás cos incendiados polos difamadores! E máis, é moi doado para min levarme ben coa xente. Son positivista por natureza, son moi pacífico, gústame ser pallaso e brincar coa xente... supoño que iso debe gustar, non sei. Nembargantes, no Enblogs'06 constatei que a difamación serve dalgo. Onde queda a presunción de inocencia? Ou é que teño eu que demostrar a miña inocencia?

Hoxe de novo o mesmo conto: que se AGNIX tal, que se hai movementos caciquís, etc, etc.

Estou moi farto de superar desánimos, de non recibir agradecementos por tanto traballo e, ao invés, seguir recibindo difamacións.

Ah! E todo isto sen saber eles que, afortunadamente, teño rendas para vivir sen traballar e sen meterme nestes tinglaos. Que máis da! Xa se encargarían de procurar algunha outra difamación coa que facer dano polo pracer de facelo. E se se decatan que meteron a pata? Rectificarían? A miña experiencia di que non, alomenos ata o de agora.

Iso si, no 99% estamos de acordo: todos e todas defendemos o Sw Libre.

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “Difama que algo sempre queda”

  1. Por que te amo tanto, pátria minha, eu que nao tenho
    pátria, eu semente que nasci do vento,
    eu que não vou e não venho, eu que permaneço
    em contacto com a dor do tempo, eu elemento
    de atadura entre a acção e o pensamento,
    eu fio invisível no espaço de todo o adeus,
    Eu, o sem Deus!
    VINICIUS DE MORAES

  2. “A felicidade”

    (…)

    Tristeza não tem fim
    Felicidade sim

    (…)

    A felicidade é uma coisa boa
    E tão delicada também
    Tem flores e amores
    De todas as cores
    Tem ninhos de passarinhos
    Tudo de bom ela tem
    E é por ela ser assim tão delicada
    Que eu trato dela sempre muito bem

    Composição: Vinicius de Moraes / Antonio Carlos Jobim

Leave a Reply