O ‘Hacker do Pentágono’ pode ser extraditado aos EE.UU.

Os tibunais británicos permiten a extradición do británico Gary McKinnon, coñecido co seudónimo de Solo, un apaixonado dos computadores que pode presumir de ter posto en xaque ao sistema informático do Goberno de EE.UU.

'Solo', de 40 anos, poderá ser extraditado a Estados Unidos e até ser deportado a Guantánamo, onde pode afrontar unha pena de varias décadas de prisión ademais de cuantiosas multas, aínda que será o ministro británico de Interior, John Reid, o que teña a última palabra.

A historia é moi singular. McKinnon conseguiu acceder aos computadores da NASA, o Exército, a Mariña, o departamento de Defensa e a Forza Aérea entre febreiro de 2001 e marzo de 2002, é dicir, nos meses previos e posteriores aos atentados do 11 de setembro.

Considerado autor do maior ataque informático sofrido polo Goberno estadounidense (segundo as autoridades de EEUU, puido acceder ilegalmente un centenar de computadores oficiais), McKinnon tivo o seu primeiro ordenador aos 14 anos e desde entón foi un apaixonado deses aparellos.

Autodidacta e afeccionado ás historias de extraterrestres e ovnis, 'Solo' deixou o colexio con 17 anos e comezou a traballar como perruqueiro. Con todo, nos primeiros anos da década dos 90, matriculouse nun curso de informática e comezou a traballar nese sector.

McKinnon decidiu utilizar as súas habilidades para facer unha investigación sobre un asunto do que está firmemente convencido: o Goberno estadounidense está ocultando información sobre os ovnis.

Non se trataba dun interese por homiños verdes ou por ovnis. Creo que hai naves espaciais, ou que houbo naves espaciais, das que a sociedade non ten coñecemento.

Pero a súa investigación, durante a que supostamente borrou arquivos importantes e copiou un documento con nomes de usuarios, acabou converténdose nunha obsesión: perdeu o seu traballo e a súa noiva deixouno.

Houbo un momento en que deixei de ducharme. Non me coidaba, non comía axeitadamente. Estaba todo o día sentado en casa en pixama, facendo isto (acceder aos computadores de EEUU) toda a noite.

Dende hai tres anos, McKinnon loita contra a súa extradición e en Internet hai un sitio no que se recaban apoios para a súa causa.

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply