Non temos biodiésel (de momento)
Estiven a procurar gasoliñeiras que fornezan de biodiésel en Galiza mais non atopei a primeira!
Din que nos vindeiros anos medrará enormemente o seu número, mais non ter nin a primeira... é unha mágoa. Procureino neste mapa (din que actualizándose constantemente) e nin ren.
A aposta parece ser decidida pola banda das administracións públicas. De feito oun grupo lidrerado por Repsol YPF vén de acadar unha subvención de 20 millóns de euros para I+D+I e a actual Xunta ten intencións de crear cinco plantas destas.
Máis sobre biodiésel e outra enerxías renovables.
chúzame -
En: Galicia-Galiza por Roberto Brenlla

Leave a Reply