Como che vai de blogueiro(a)?
Blogger (pt-br, es) é unha verba creada pola empresa Pyra Labs, hoxe mercada por Google, que expresa un servizo que fornece unha serie de ferramentas para que as persoas poidan publicar textos en Internet co seu propio contorno web, nomeadamente blog ou blogue.
Tes varias ofertas para seres un(a) blogueiro(a): dende o devandito Blogger da multinacional Google ata o Blogaliza.
Varias son as causas para facer agora este artigo. Por unha banda, a xa cansa as acusacións de plaxios coma o lido en Slashdot reflcitindo unha nova de PlagiarismToday que sinala á práctica blogueira coma unha área gris de re-utilización de contidos.
Outro dos motivos foi o recente EnBlogs'06 xa mencionado en AGNIX onde se amosaron estudos sobor deste imparable fenómeno así coma moitas experiencias persoais.
Máis motivos. O recente texto Que che deu o teu blog? publicado pola galega-arxentina Torredebabel enquisando a varios blogueiros(as) galegos(as).
E, para rematar, menciono un curioso texto sobor das Tácticas non éticas de promocionar o teu blog que comenta varias destas técnicas coma Ping e pong ou Menéome a min mesmo (eiquí deberíamos dicir chúzome a min mesmo)
Como é o blogueiro galego? é outro recente artigo que confirma este voráxine.
Vaia, que o fenómeno blogueiro non ten fin! Ánimo, entra na esfera do Blogomillo con http://o_teu_blogue.blogaliza.org.
chuzame -
En: Cultura Libre, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla

Leave a Reply