Navegación anónima con Tor e Firefox

Tor é un conxunto de ferramentas que tratan de facer medrar a seguridade e privacidade namentres navegas por Internet defendéndote así das ferramentas de análise de tráfico.

como_funciona_tor

Podes navegar, publicar, usar o IRC, SSH e calquera aplicación que empregue o protocolo TCP sempre de xeito anónimo.

Disto xa nos comentara algo Cabelo neste artigo mais agora tes a posibilidade de integrar Tor co Firefox grazas á extensión Foxyproxy.

É doado dispoñer de Tor en distribucións Debian, Ubuntu... e a devandita extensión fai a configuración caseque dun xeito automático.

Tes un artigo de Felipe Santiago publicado en VOL para máis detalles. Publiqueino en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

GNIX-ling 0.10-k

Susana Sotelo vén de anunciar o GNIX-ling, un Live-CD baseado en Knoppix Live CD 4.02, unha versión executábel e totalmente funcional dende CD de Debian GNU/Linux.

pantalla_GNIX

GNIX-ling está pensada para educación superior (de feito este ano comezouse a usar en cursos de posgrao na Facultade de Filoloxía da USC) facilitando aos lingüistas o uso de ferramentas axeitadas para a lingüística de corpus e o procesamento da linguaxe natural (PLN), como etiquetadores, analizadores sintácticos ou programas de análise estatística entre outros, así como ...

... fornecer aos tradutores de programas de axuda á tradución que faciliten o seu traballo e ao tempo garantan unha maior consistencia das traducións.

Salve Susana!

Chuzame! chuzame -

500 amantes e 8 segundos para espirse

Atopei unha secuencia de fotos dunha macro orxía (?) de 250 parellas xaponesas tan ordenadiñas que até sincornizan as mesmas posturas todas elas.

Sen deixar o continente asiático, olla estoutro video dun que se quita a roupa en menos de 8 segundos.

8_segundos

Terá presa para ir á orxía? :-)

Chuzame! chuzame -

OScar, o coche libre

O obxectivo do Proxecto OScar (Open Source Car Project) é desenvolver un coche de acordo cos principios Open Source. Na súa opinión, un coche non é un vehículo cheo de aparellos de alta tecnoloxía. Ao invés, procuramos un concepto sinxelo e funcional para acadar a mobilidade. A forma segue á función.

OScar

Aparte disto, OScar non é só un coche senón todo o que se refira á mobilidade e maila difusión da idea Open Source no mundo físico real.

Poderás atopar unha gran comunidade de desenvolvedores e conductores que queren inventar unha nova vía para a mobilidade no sitio The OScar Project.

O proxecto comezou xa en 1999. En decembro de 2005 acadou a versión 0.2. Dende comezos deste ano 2006 calquera é benvido(a) a participar.

Publiquieno en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

O.S.I., negocios sen cruzadas morais

Das FAQ da OSI (Open Source Initiative):

A Open Source Initiative non ten unha posición ao redor de se as ideas poden ser posuidas, se as patentes son boas ou malas, ou calqueroutra controversia. Cremos que os argumentos de interese económico a prol do open source son por si mesmos fortes dabondo que ninguén precisa ir de cruzadas morais.

Pois a verdade é que son tantas as vantaxes que ten o Sw Libre que os negocios nin precisan das moralidades.... pero aínda que non lles importe xa son máis morais só por empregalo.

Chuzame! chuzame -

Por que debe rematar a relixión?

Hai ben dias que ando coma un tolo, farto de tanta actividade. Alomenos vivo para facer un copy&paste dun sitio que atopei de casualidade xa que cada dia é máis doado que iso che aconteza.

O curioso é que xusto vouno facer antes de publicar a nova sobre unha distro cristiá nomeada Cristux.

Velaí vai a entrada do artigo:

Why Religion Must End

A leading atheist says people must embrace rationalism, not faith -- or they will never overcome their differences.

Sam Harris is not your grandfather's atheist. The award-winning writer practices Zen meditation and believes in the value of mystical experiences. But he's adamant in his belief that religion does more harm than good in the world, and has sparked controversy by suggesting that when it comes to faith-based violence, religious moderates are part of the problem, not the solution.

Laura Sheahen spoke with him about his provocative book "The End of Faith" and his comments at the World Congress of Secular Humanism, where this interview was conducted.

Laura Sheahen: You've said that nonbelievers must try to convince religious people "of the illegitimacy of their core beliefs." Why are these beliefs dangerous?

O resto do artigo.

Por certo, estoutro portal ten de (caseque) tódalas confesión.

Chuzame! chuzame -

Vivir do aire

... se cadra dentro de catro ou cinco anos non haberá xa que explicar como se gañan cartos co Software Libre, senón como se poden gañar cartos sen utilizar Software Libre.

Borja Prieto conta que "hai uns poucos anos (...) tiña que explicar moi a miúdo que se podía gañar diñeiro co Software Libre. Todo consistía en ser capaz de crear un modelo de negocio que, aproveitando unha materia prima que como o aire está dispoñible e é gratis, créase valor para o cliente. Hoxe existen multitude de empresas que foron capaces de crear modelos de negocio rendibles ao redor do software libre, desde grandes multinacionais como IBM ou Sun ata pequeniñas empresas locais que dan soporte a este tipo de software.

Pero se cadra quen mellor pode aproveitar as vantaxes do software libre non son as empresas do sector das tecnoloxías da información, senón os seus clientes. Calquera empresa pode utilizar agora software de gran calidade sen necesidade de pagar por iso. Ou pagando só por servizos reais de soporte ou formación. Software que pode ademais modificar se é necesario, e que non lle ata a un fornecedor determinado. Evidentemente, isto supón unha gran vantaxe fronte aos competidores que adiquen parte dos seus recursos a pagar licenzas de software.

O cambio é imparable, así que se cadra dentro de catro ou cinco anos non haberá xa que explicar como se gañan cartos co Software Libre, senón como se poden gañar cartos sen utilizar Software Libre".

Fonte

Chuzame! chuzame -