Exemplo de como ten que reformularse o cine

Levan anos queixándose das descargas P2P e polos seus dereitos demorando demais en atopar a esixida adecuación aos novos tempos.

Roberto Aguirrezabala amosa como o fixo en Easyfreind, a súa proposta de cine interactivo integrador de tecnoloxías Java, PHP e MySQL onde os espectadores deixan de ser suxeitos pasivos para involucrarse na historia e até decidir o seu percorrido.

A ver se aprenden! ;-)

Chuzame! chuzame -

O testarazo de Zidane segundo cadaquén (humor)

A fonte destas imaxes non deixa amosalas aínda que tan só estean ligadas dende ela. Daquela, para veres esas animacións terás que ir á fonte.

Chuzame! chuzame -

Pasar videos en .FLV (Flash) a .AVI

Onte presentei a extensión do Firefox Ook? Video Ook! para que baixes videos doadamente mentras navegas. Acontece que varios deses videos que baixas están en formato FLV (video Flash) e o ideal e telos en ogg, mpeg, avi...Deixei uns exemplos empregando o ffmpeg pero, para facelo de xeito automatizado, é necesario xerar un guión (script).

A bitácora de jEsuSdA reflicte os seus propio shell scripts que volos deixo aquí:

#!/bin/bash
while [ "$1" != "" ]
do
file="$file$1"
shift
done
echo "Convertindo: $file a formato AVI..."
ffmpeg -i "$file" -s 320×240 -r 15.00 -b 450 -vcodec mpeg4 -acodec mp3 -ab 96 "$file"".avi"
echo "Feito!"

Noméalo coma flv2avi, dalle permisos de execución e, por exemplo, cópiao coma root ao directorio /usr/bin.

Agora só tes que facer:
flv2avi nome_video.flv

Se queres facelo en todos os ficheiros dun directorio fai estoutro guión e noméalo coma flv2aviall:

#!/bin/bash
echo "Convertindo todos os ficheiros flv a avi...";
for i in *.flv
do
echo -n "Convertindo o ficheiro $i..."
./flv2avi "$i" 2> /dev/null
done
echo "Feito!"

Fonte.

Chuzame! chuzame -

Baixa videos mentras navegas co Firefox

Unha fantástica extensión para o Firefox nomeada Ook? Video Ook! permíteche unha incriblemente doada descarga de tódolos videos que atopes mentras navegues.

video_pique_F-1

Podes empregar esta extensión en sitios tan coñecidos coma YouTube, iFilm, DailyMotion, GoogleVideo, Mobuzz, etc.

Trala súa instalación e o reinicio do navegador Firefox, atoparás por defecto esta ferramenta na Barra de Estado, abaxio á esquerda. Se non hai videos na páxina que visitas, a súa cor sinala que non está activo. Sen embargo, se hai videos que poidan ser descargados, activarase para que só teñas que premer nel para comezar a descarga de videos. Co botón dereito do rato accedes ás opcións.

É quen de baixar calquera formato de video, até os FLV (video Flash). Se este fora o teu caso é case que necesario que os transformes a outros formatos coma mpeg, avi, ogg... e, para iso, podes empregar o programa ffmpeg.

O ffmpeg é un programa cunha chea de opcións (olla man ffmpeg). Velaí deixo uns cantos exemplos de como facelo:

ffmpeg -i video_orixinal.flv -ab 56 -ar 22050 -b 500 -s 320x240 video_transformado.mpg

Outro exemplo:
ffmpeg -i video_orixinal.flv -s 320×240 -r 15.00 -b 450 -vcodec mpeg4 -acodec mp3 -ab 96 video_transformado.avi

Esta extensión está desenvolvida por tnarik e podes obtelo aquí.

Fonte.

Volve a esta páxina cando cando o teñas instalado, preme na imaxe e verás como se activa a túa nova extensión para que poidas descargar o video ;-)

Chuzame! chuzame -

Aproba Stallman a pedofilia ‘voluntaria’?

Non confeso ninghuna relixión e tampouco sigo a Papas que levan tras eles rabaños de persoas que asumen todo o que di coma dogmas de fe incuestionables. Digo isto pola controverquida figura do promotor do Sw Libre: Richard M. Stallman.

BR-Linux amosa unha nova que, como pouco, non deixa de ser sorprendente:

Richard Stallman menciona que pedófilos holandeses formaram um partido político para lutar pela legalização, e acrescenta ser 'cético quanto à afirmação de que a pedofilia voluntária causa danos às crianças'.


O artigo de Digg.com titulado 'Richard Stallman apoia a pedofilia voluntaria' (Richard Stallman supports 'voluntary pedophilia') liga cara o diario persoal onde Stallman amosa a súa afirmación (tan só son dous parágrafos en inglés).

Sinceramente, nin sequera coñecía a existencia da pedofilia voluntaria...

Só resta ter fe en que isto sexa unha mal interpretación do que di RMS.

A nova recollida en BR-Linux publiqueina en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

O Porriño implanta Sw Libre no Centro Cultural Municipal

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, informa de que o Concello do Porriño instalou Software Libre na maior parte das computadoras do Centro Cultural Municipal. Con esta medida preténdese difundir o uso entre a mocidade e a cidadanía en xeral de sistemas operativos e programas libres.

A medida realízase en colaboración con AGNIX, nomeadamente grazas a Rafael Ávila e Manuel Hermo. Na actualidade está xa instalado Software Libre en catro computadoras do cíber de acceso público, unha computadora de consulta do fondo da biblioteca e outro na oficina municipal alí situada. O alcalde sinala que en setembro instalarase o sistema operativo Edubuntu, específico para uso educativo, na computadora da sala de lectura infantil.

Raúl Francés sinala que o Concello aposta pola difusión da sociedade do coñecemento a través do uso do software libre. Agardamos que a súa implantación no Centro Cultural Municipal sirva como estímulo para o seu uso pola cidadanía, a través de todas as persoas que o usan alí a diario e teñen a oportunidade de coñecer o seu funcionamento e os programas que se empregan.

Na actualidade o cíber do Centro Cultural ten unha ocupación diaria que se achega ao 100% nas 12 horas que permanece aberto cada xornada. Ao día, pasan por este local arredor de 200 usuarios e usuarias.

O obxectivo é que os cidadáns e cidadás coñezan estas aplicacións informáticas que se ofrecen libremente. O software libre caracterízase por dispoñer dunha licenza que permite usar, mellorar e distribuír os programas con liberdade, polo que ofrece posibilidades moi importantes para toda a sociedade, sen ter que pagar licenzas caras polos programas ou verse avocado a facer copias ilegais, explica Raúl Francés.

O Concello xa desenvolveu outras medidas para dar a coñecer o software libre. O ano pasado desenvolvéronse dúas xornadas de difusión destas ferramentas, unha ao público en xeral e outra destinada aos centros de ensino secundario, tamén en colaboración con AGNIX, neste caso con relatorios a cargo de Roberto Brenlla.

O alcalde destaca o traballo que leva a cabo esta asociación, que conta cun grupo estable de persoas que traballan dende O Porriño.

A nota de prensa do concello do Porriño.

Chuzame! chuzame -