Baixa videos mentras navegas co Firefox
Unha fantástica extensión para o Firefox nomeada Ook? Video Ook! permíteche unha incriblemente doada descarga de tódolos videos que atopes mentras navegues.
Podes empregar esta extensión en sitios tan coñecidos coma YouTube, iFilm, DailyMotion, GoogleVideo, Mobuzz, etc.
Trala súa instalación e o reinicio do navegador Firefox, atoparás por defecto esta ferramenta na Barra de Estado, abaxio á esquerda. Se non hai videos na páxina que visitas, a súa cor sinala que non está activo. Sen embargo, se hai videos que poidan ser descargados, activarase para que só teñas que premer nel para comezar a descarga de videos. Co botón dereito do rato accedes ás opcións.
É quen de baixar calquera formato de video, até os FLV (video Flash). Se este fora o teu caso é case que necesario que os transformes a outros formatos coma mpeg, avi, ogg... e, para iso, podes empregar o programa ffmpeg.
O ffmpeg é un programa cunha chea de opcións (olla man ffmpeg). Velaí deixo uns cantos exemplos de como facelo:
ffmpeg -i video_orixinal.flv -ab 56 -ar 22050 -b 500 -s 320x240 video_transformado.mpg
Outro exemplo:
ffmpeg -i video_orixinal.flv -s 320×240 -r 15.00 -b 450 -vcodec mpeg4 -acodec mp3 -ab 96 video_transformado.avi
Esta extensión está desenvolvida por tnarik e podes obtelo aquí.
Volve a esta páxina cando cando o teñas instalado, preme na imaxe e verás como se activa a túa nova extensión para que poidas descargar o video
chúzame -

Leave a Reply