As licenzas libres xa son obsoletas
Tim O’Reilly, fundador da coñecida editora O'Reilly Media, Inc., vén de publicar un artigo sobre o remate das licenzas open source e por que iso será así.
Tim nin precisa falar da nova versión da GPL, a GPLv3, xa que as súas afirmacións baséanse no troco da actual situación cara a SaaS: Software As A Service (Sw coma servizo).
Se o Sw pasara a ser un servizo, quen precisa ler/modificar/distribuir o seu código? Velaí o punto de partida do seu pensamento.
O artigo da controversia está en inglés a atopeino grazas a esta nova de BR-Linux que, a súa vez, apunta cara a bitácora de Silvio Meira.
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
