Crise en Debian?
Un dos máis activos desenvolvedores de Debian, Matthew Garrett, puxo a atención nalgúns puntos onde o proxecto opera ata expresar a súa resignación.
Garret quéixase dunha carencia de cortesía e lentitude na toma de decisións e di que éstas xunto a outras razóns están a provocar a 'migración' de desenvolvedores dende Debian cara unha das súas derivadas, nomeadamente Ubuntu.
Garret foi candidato á presidencia do proxecto Debian en 2005, escribe moitas mensaxes nas roldas de correo debian-devel e debian-legal pero tamén é un dos catro membros do grupo técnico de Ubuntu onde tamén fai o traballo de mantemento para portátiles.
Garret contrasta a organización de Debian coa de máis formal de Ubuntu, en particular, no seu código de conducta xa que isto axuda a un gran acordo que garanta que as discusións rematen en conclusións técnicas.
Asemade sinala que o gran problema de Debian é probablemente a idea de que cada voz de desenvolvedor é igual. Está claro que isto non é realmente certo -- a xente tende a concluir en posicións que fan tomar decisións en función de méritos máis ca en aclamación popular (...) Isto tende a manter longas discusóns onde os desenvolvedores loitan entre eles mesmos porque todos precisan deixar clara a súa opinión para non seren ignorados.
Remata dicindo que tamén cre que ten que haber un equilibrio entre liberdade de organización e eficacia de organización.
Claro está, todo isto está a xerar moitas e diversas opinións.
Podes ler a opinión de Garret e maila fonte.
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla

Leave a Reply