Onte na Linux Party 2006

Xavier Alonso precedeu a miña intervención na Linux Party 2006. El fixo unha, se cadra, moi breve introdución ao Sw Libre aos asistentes, caseque todos alumnos e alumnas de ciclos formativos de Informática.

Anováronse os asistentes cando comecei eu. Teoricamente tería que contar con asistentes xa expertos en isto do Sw Libre mais non foi así. Tiven que incidir demais en termos moi básicos antes de tentar presentar unha chea de factores que están a presaxiar un futuro non tan prometedor á liberdade do coñecemento.

A propósito deixei de presentar os factores máis 'positivos' porque pensei que ese público experto xa sería quen de defender o Sw Libre nun debate posterior.

Resultado, moita xente podería sair pensando que non paga a pena achegarse ao Sw Libre... Confío non ser tan pesimista co meu público. :-)

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply