Estas son as fotos tomadas a varios dos grupos que participaron no Módulo de Sw Libre que din en Lugo para Dinamizadores(as) da Sociedade do Coñecemento que a Consellería de Innovación e Industria pretende espallar polo rural.
Dado que estas xentes terán que dinamizar, pensei que era imprescindible ‘practicar’ e daquela fixen grupos onde uns tiñan que amosar as vantaxes do Sw Libre, outros casos de éxito, outros as desvantaxes… e sempre facéndoo co OOo Impress do que tiveron unha mínima demostración previa (como moito dez minutos). Isto foi outra proba de que o cambio é máis sinxelo do que pensaban.
Mágoa da dicotomía atopada nos perfís dos participantes: ou social ou técnico. Era a miña obriga reflictilo e así o fixen. Daquela considero oportuno e até imprescindible que esta iniciativa reconsidere mandar a estes dinamizadores en parellas con perfís complementarios, do mesmo xeito que fai a Xunta de Estremadura.
En: FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Esta é a ligazón ás fotos tomadas na Xornada de Linux e Sw Libre de Vilagarcía de Arousa. Realmente son poucas xa que fun eu o ‘protagonista’ e non son ubícuo
O dia posterior estivo esplendoroso e tomei unhas poucas no rodeo que din antes de voltar cara casa.
Non quero deixar de mencionar o fantástico traballo levado a cabo pola xente de Galiza Nova e mailo socio de AGNIX Daniel Abad.
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Por fin dinme de alta en Flickr.com para poder ofrecer dun xeito doado as fotos dos eventos por onde paso.
Desta vez deixo a ligazón ás fotos tomadas no curso de Sw Libre, específicamente sobre servidores, feito para integrantes de Eganet o 20 de outubro de 2006.
En: FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Crowdsourcing é un termo acuñado polo escritor Jeff Howe e o editor Mark Robinson da revista tecnolóxica Wired magazine.
Así como no outsourcing os traballos son enviados a empresas externas coma xeito de abaratar custes en mercados máis baratos como India ou China, o que fai o crowdsourcing é propoñer problemas e «recompensas» a quen ou quen solucionen o problema proposto. Crowd é o término en inglés de multitude e sourcing refírese á obtención de materia prima xa que source é o término en inglés de fonte, neste caso un proxecto.
Crowdsourcing intenta reemprazar contratos selectivos, adestramentos e forzas de traballo coa participación masiva de voluntarios e auto-organización. Aínda que non é unha idea nova, estase volvendo bastante popular e utilizado por empresas como Boeing, Dupont e Procter&Gamble que buscan solucionar os seus problemas de forma masiva a través de InnoCentive por exemplo.
Trátase dun modelo de colaboración diferente dos proxectos de código aberto, onde o beneficio da colaboración é mutuo entre os colaboradores. As persoas reuníronse para crear un complexo software coma o kernel Linux, a base de datos MySQL e o navegador Mozilla entre tanto outros. Nos últimos anos, a nova xeración de Internet, coñecida como web 2.0 evolucionou para permitirlle a quen non teñen coñecemento técnico de participar en proxectos en liña. A importancia do crowdsourcing é a gran cantidade de entusiastas que poden realizar o traballo dun pequeno grupo de profesionais experimentados. O título da reportaxe de Jeff Howe -crowdsourcing.com- é The Rise of the Amateur ( O Ascenso dos Afeccionados ).
Wikipedia é o máis coñecido proxecto crowdsourcing de código aberto, pero hai moitos outros tipos de traballo crowdsource.
Traducido co OpenTrad (sen revisar moito…).
Crowdsourcing pola Wikipedia (castelán, inglés).
En: Curiosidades por Roberto Brenlla
5 Comentarios »
A nova refírese a uns comentarios de Daniel Brandt, un activista americano moi crítico relacionado con Google e a Wikipedia.
Neste caso comenta que atopou na Wikipedia 142 artigos plaxiados e quéixase: A Wikipedia preséntase coma unha enciclopedia ( … ) case tan boa coma a Británica.
A nova sinala que moitos dese artigos están capados e son de dominio público.
Se son de dominio público… onde está o problema? É ruin que a Wikipedia teña altas pretencións?
En: Cultura Libre por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Fernando Alonso começará 2007 não só em uma nova equipe – a McLaren – mas também em um novo endereço, segundo divulgou o jornal “Tribune de Geneve”, nesta quarta-feira (1º).
A mais recente residência do espanhol fica na região de Vaud, oeste da Suíça, a cerca de 12 Km da casa de Michael Schumacher , localizada em Vufflens-le-Chateau.
O bicampeão também será «vizinho» de outro piloto, o francês Sebastien Loeb, que disputa o Mundial de Rali.
Calcula-se que o novo “teto” do asturiano tenha custado US$ 1,5 milhões.
O cal non é tanto tendo en conta o prezo actual da vivenda e máis se ollamos para as escentricidades dalgúns con menos soldo…
Fonte.
En www.f1naweb.com.br/ din:
Assim como fez Michale Schumacher, tempos atrás, o espanhol Fernando Alonso, da Renault , comprou uma casa em Vaud, na Suíça, que será sua residência oficial.
Os pilotos mais bem pagos da Fórmula 1 têm optado por comprar casas na Suíça por que o país não cobra tantos impostos. A nova casa de Alonso tem 435 m². O espanhol morava, até então, em Oxford, na Inglaterra.
En: Racing por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »