Fotos aos Dinamizadores(as) da Sociedade do Coñecemento

Estas son as fotos tomadas a varios dos grupos que participaron no Módulo de Sw Libre que din en Lugo para Dinamizadores(as) da Sociedade do Coñecemento que a Consellería de Innovación e Industria pretende espallar polo rural.

Dado que estas xentes terán que dinamizar,  pensei que era imprescindible 'practicar' e daquela fixen grupos onde uns tiñan que amosar as vantaxes do Sw Libre, outros casos de éxito, outros as desvantaxes... e sempre facéndoo co OOo Impress do que tiveron unha mínima demostración previa (como moito dez minutos). Isto foi outra proba de que o cambio é máis sinxelo do que pensaban.

Mágoa da dicotomía atopada nos perfís dos participantes: ou social ou técnico. Era a miña obriga reflictilo e así o fixen. Daquela considero oportuno e até imprescindible que esta iniciativa reconsidere mandar a estes dinamizadores en parellas con perfís complementarios, do mesmo xeito que fai a Xunta de Estremadura.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image