Cordel do Software Livre

O amigo Claudio F. Filho (1), excelente relator nas xornadas do Porriño, deume un libriño de poesías de Cárlisson Galdino titulado Cordel do Software Livre do cal transcribo algúns parágrafos:

Caro amigo que acompanha
Essas linhas que ora escrevo
Sobre um assunto importante
Que até pode causar medo
Mas não é tão complicado
Você vai ficar espantado
Não ter entendido mais cedo

( ... )

Esse tal programador
Uma empresa havia criado
Queria vender caixinhas
Com um programa lacrado
Cada caixa adorável
Apenas o executável
Trazia ali guardado

E o pior é que a caixinha
Não dava nem permissão
De instalar em outro canto
O programa em questão
Mesmo pagando a quantia
A caixinha só servia
Para uma instalação

Assim veja, meu amigo
Cada programa comprado
Não traz código consigo
Só o que será executado
Não dá mais para alterar
Nem mexer, nem estudar
Esse programa comprado

Veja bem que, além disso
Apresenta restrição
O programa não permite
Uma outra instalação
"Se há outro computador,
Outra caixa, por favor"
É o que eles lhe dirão

( ... )

Aos poucos foi se formando
Uma grande multidão
De grandes programadores
Para ao mundo dar lição
E aos mais céticos mostrar
Que vale mais cooperar
Que a dura competição

( ... )

Podes lelo completo aquí ou baixar o seu PDF.

(1) Cláudio F. Filho está Graduado em Sistema de Informação, trabalha com Tecnologia da Informação desde 1988. É usuário do Linux desde 1994 e participa da comunidade de software livre, no Projeto OpenOffice.org, desde 2001. Também criou as comunidades brasileiras do Mozilla e PostgreSQL e, atualmente, trabalha na Secretaria de Fazenda de Estado do Mato Grosso.

Chuzame! chuzame -

Cooperativismo e Software Libre

Venme de publicar un artigo na sección Opinión da revista dixital ELOS Cooperativos e que a seguir transcribo:

Cooperativismo e Software Libre

O Software Libre está a chamar a atención a todo o mundo por múltiples e variadas razóns. Sen saber del, é doado pensar que trata de liberdade, tecnoloxía ou gratuidade. Case todo é certo, o Software Libre naceu para devolver ao pobo a liberdade tecnolóxica, distribuíndo o coñecemento necesario e posibilitando a independencia dos pobos neste eido. Todo isto é imprescindíbel para que os pobos poidan achegarse aos máis elevados niveis de calidade de vida, sobre todo daqueles que xa parten en desvantaxe segundo as actuais regras de xogo.

Richard M. Stallman, fundador da Free Software Foundation en 1984, foi quen de promover catro tipo de liberdades para esta tecnoloxía:

  1. Liberdade de Uso (para calquera propósito).
  2. Liberdade de Modificación (para isto é imprescindíbel dar o código de *COMO* se fixo esa tecnoloxía).
  3. Liberdade de Distribución (pódese distribuír de balde ou cobrando).
  4. Liberdade de Distribución das Modificacións.

Hoxe hai quen propón estas liberdades como catro dereitos humanos...

E esa é a diferenza entre o Software Libre e o Privativo: a liberdade, non a propiedade. Ambos os dous modelos son propietarios ou hai quen dubide que calquera software non ten autorías? A diferenza reside en que quen ten a propiedade do Software Libre non nos 'priva' da liberdade de empregalo, modificalo, melloralo ou distribuílo.

Ben sabemos que a vida é e sempre foi unha constante competición, un permanente instinto por non deixar de existir. Alén desta competición individualista, moitos seres vivos presentamos unha diferenza esencial con case todos os demais xa que somos quen de asociarmos para acadar obxectivos comúns en mellores condicións, procurando garantir o éxito nesa competición.

Velaí que, para poder facer efectiva a defensa das catro liberdades, o Software Libre rescatou o esquecido espírito 'hacker' e cooperativista que de sempre existira na tecnoloxía informática. Ese espírito perdérase pola competición mercantilista nacida ao abeiro das novas posibilidades de negocio que a informática presentaba. Ese espírito cooperativista e 'hacker' xunto coa ética defendida polo Software Libre e mais a apatía inicial por Internet amosada polos poderes fácticos provocaron a aparición de novas comunidades, organizadas sen xerarquías verticais, descentralizadas, rexidas en termos de igualdade, perfectamente comunicadas e con toda unha amálgama de valores onde o social prima fronte ao individual. Todos estes valores están en perfecta concordancia coa economía social e hoxe máis que nunca xa que con esta tecnoloxía pódese compartir, sen limitacións, calquera coñecemento. Dito isto ben claro porque o coñecemento que non se dá pérdese!

En que pode beneficiar o Software Libre á economía cooperativista?

Realmente no mesmo que ás outras economías, engadindo algo máis xa que comparten moitos obxectivos. Enumero algúns destes múltiples beneficios:

  • Independencia: fornece control da tecnoloxía e da información distribuída.
  • Emprego de estándares mundialmente estabelecidos en formatos abertos, comunicativos e recomendados por organizacións supranacionais (UE incluída).
  • Adaptación ás necesidades de cadaquén. Isto acontece en varios eidos: tecnolóxico, económico ou idiomático. Temos as aplicacións que precisamos localizadas para a nosa cultura, co noso idioma, cubrindo as nosas necesidades, adaptando a tecnoloxía aos nosos requirimentos e non ao revés.
  • Aforro continuo polo pagamento de licenzas privativas xa que saímos do ciclo económico proposto polo modelo de negocio desas empresas para seguir o noso propio ciclo.
  • Gozamos dun desenvolvemento exponencial xa que empresas, universidades e gobernos de todo o mundo están a apostar pola liberdade tecnolóxica.
  • Xeramos riqueza e emprego ao noso redor.
  • É unha vantaxe competitiva actualmente. Poucos dubidan do futuro éxito desta alternativa mais é hoxe cando as empresas poden obter ese plus diferenciador respecto das demais.
  • Somos éticos, somos libres.

Co ánimo de axudar a quen estea lendo este artigo para que amplíe a información ao redor deste apaixonante tema, deseguido deixo unhas ligazóns:

  1. Free Software Foundation
  2. Páxina persoal de Richard M. Stallman
  3. Creative Commons
  4. AGNIX, Asociación Galega que difunde o Software Libre
Chuzame! chuzame -

Software Libre para unha Sociedade do Coñecemento

Veño de escribir o seguinte artigo para a Estratexia Galega da Sociedade da Información:

A nova LAECAP (Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas) pretende achegar a todos os concellos estatais a implantación da administración electrónica dentro de catro anos e o PEGSI (Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información) está a tela en conta co Software Libre coma un dos seus principais eixos.

Mais, que é o Software Libre? Sen saber del, nun primeiro achegamento é doado pensar que trata de liberdade, tecnoloxía ou gratuidade. Case que todo é certo, o Software Libre naceu para devolver ao pobo a liberdade tecnolóxica, distribuíndo o coñecemento necesario e posibilitando a independencia dos pobos neste eido. Só sendo un pouco máis descritivo, o Software Libre danos liberdade de empregalo, modificalo, melloralo ou distribuílo.

E, por que o PEGSI contempla o Software Libre? A e-administración galega acadarase só se aposta por empregar estas tecnoloxías, habendo innúmeras razóns para subliñalo. Dígase que é unha tecnoloxía de dominio público, o seu custe é menor, polo menos nunha visión máis aló do medio prazo, o aforro no pagamento de licenzas é continuo xa que non ten tales custes, atinxe a independencia de fornecedores, ten un crecemento exponencial, adáptase aos requirimentos concretos de xeito natural, emprega estándares, xera emprego endóxeno, evita a saída de divisas cara o estranxeiro ou contribúe á normalización do galego.

Todo isto semella ser estratéxico para os concellos galegos, sempre parcos en recursos económicos e a maioría deles con illadas políticas a prol de espallar a Sociedade da Información entre a súa cidadanía.

Xa que logo acadar a Sociedade da Información é un obxectivo presente nos gobernos actuais, por que non temos máis ambición? Namentres a Sociedade da Información emana do emprego intensivo das tecnoloxías da información e comunicacións ata modificar moitas das pautas da actual sociedade post-industrial, podemos pecar de sermos curtos de miras se esquecemos que a información non é máis ca un instrumento do coñecemento, non o Coñecemento mesmo, en letras maiúsculas.

Ás veces a información adoita estar rexida só por intereses comerciais, o cal até atrasa o achegamento á Sociedade do Coñecemento. Ao meu entender, esta matización de termos debe ser mantida presente para, se cadra, xustificar aínda máis a adopción de tecnoloxías estándares e libres coma base da nosa vindeira sociedade, a do Coñecemento.

Chuzame! chuzame -

Felices e Libres Festas!

Dê um CLIQUE SIMPLES neste NATAL!
"ARRASTE" NOSSO AMIGO Sw LIVRE
para seu DIRETÓRIO PRINCIPAL.
SALVE-O em todos SEUS ARQUIVOS PESSOAIS.
SELECIONE-O como seu DOCUMENTO MESTRE.

Que Ele seja seu MODELO
para FORMATAR sua vida:
JUSTIFIQUE-a e ALINHE-a
À DIREITA e À ESQUERDA,
sem QUEBRAS na sua caminhada.

Que o Sw Libre não seja apenas
um ÍCONE, um ACESSÓRIO,
uma FERRAMENTA, um RODAPÉ,
mas o CABEÇALHO,
a LETRA CAPITULAR,
a BARRA DE ROLAGEM de seu caminhar.

Que Ele seja a FONTE da graça
para sua ÁREA DE TRABALHO,
o PAINTBRUSH para COLORIR seu sorriso,
a CONFIGURAÇÃO de sua simpatia,
a NOVA JANELA para VISUALIZAR
o TAMANHO de seu amor,
o PAINEL DE CONTROLE,
para CANCELAR seus RECUOS
COMPARTILHAR seus RECURSOS e
ACESSAR o coração de suas amizades..

COPIE tudo que é bom
DELETE seus ERROS.
Não deixe à MARGEM ninguém,
ABRA as BORDAS de seu coração,
REMOVA dele o VÍRUS do egoísmo.

Antes de FECHAR,
Coloque Sw LIVRE nos seus FAVORITOS
e seu Natal será o ATALHO
de sua felicidade!
CLIQUE agora em OK
para ATUALIZAR seus CONTEÚDOS!

Código fonte original do amigo Sandro Araújo, apenas modificado para a miña crenza persoal. Ahhh... mas teño crenza persoal? :-)

Chuzame! chuzame -

Deu pau? Pois é…

O amigo Sandro Araújo, participante nas Xornadas do Porriño, mandou esta curiosa ligazón á súa bitácora salientando o feito de que a tecnoloxía non é infalible a pesares da febre colectiva que temos por ela nestes tempos.

Chuzame! chuzame -

Por que todo o mundo odia a Micro$oft?

Alguén pregunta en Slashdot Por que todo o mundo odia a Micro$oft?. O texto di:

Estou a facer un corto proxecto sobre Microsoft e mailo seu impacto na sociedade. Unha parte considerable deste proxecto é a percepción que a xente ten de Microsoft e o negativo prexuizo desa percepción. Xa que logo Slashdot é un dos líderes mundiais de primeira liña no odia a Microsoft, eu querería saber: Por que odiades a Microsoft? Por favor, sede tan descritivos como queirades. O número de argumentos emailos comnetarios positivos serán tamén agradecidos.

As respostas e comnetarios ao redor desta pregunta están a medrar en número en moi poucas horas da publicación desta nova.

Parece ser certo ese odio... Hai motivos para tódolos gustos: as estratexias monopolísticas, o acoso e derrubo de empresas competidoras, as constantes multas que recibe por competencia desleal, a ignorancia do pobo ao crer que eles foron os inventores dos PCs (e até hainos que pensan que Internet e outra obra súa!), unha Fundación coas que reciben recompensas fiscais por outras canles, a súa eficaz 'miopía' á hora de non atacar a pirataría cando lles interesa (escolas, universidades... ) e un moi longo etc.

Nembargantes isto acontece e ademais é certo, pode que non sexa tan certa esa estratexia de odio que facemos dende páxinas adicadas á promoción do Sw Libre coma ás de AGNIX xa que, a fin de contas, tamén estase a atacar a esa parte do pobo (realmente á maioría del) que emprega sw porque considérao coma un instrumento cos que acadar solucións aos seus problemas, nada máis. Non ve ameazas á súa privacidade por ningures e menos aínda á súa liberdade individual.

Tamén paga a pena lembrar o que acontecía nas pasadas décadas, como ben dicía Sandro Araujo nas xornadas do Porriño, cando comezaban a aparecer os primeiros PCs e o enimigo do pobo era IBM, o heroi era Bill Gates. Pode trocar a actual perspectiva que se ten de Microsoft nun vindeiro futuro por un odio a Google? Acho que Google xa ten isto presente e porén emprega outras estratexias ben diferentes das que emprega a M$.

Publiqueino en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

Menos retórica… e máis traballar

En Vieiros inclúese unha reportaxe de Manuel Vilas sobor da recente PNL (Proposta non de Lei) presentada pola deputada socialista Lourdes Muñoz que insta ao Goberno central a promover o Software Libre e que foi aprobada con só un voto en contra.

Nesa reportaxe figuro coma un dos entrevistados xunto a Emilio J. Padrón do GPUL.

Chuzame! chuzame -

A Blogosfera no CMG

Veño de facer a substitución do amigo Pedro Silva, moi demandado ultimamente (en 15 dias tiña 8 actuacións, agora só 7 :-) ), para explicar como facer unha bitácora ou blogue ou blog en Blogaliza.

O evento aconteceu no CMG e contou tamén coa participación do Paco e Berto Yáñez (máis coñecido por Chuza!).

Con esta xa vai a miña segunda intervención nisto que dase a chamar coma Web-2.0 e, con certeza, gústame moito.

Chuzame! chuzame -

No Consello da Cultura de Galicia

Baixo o título de "Cara unha Cultura 2.0" estiven dando (o pasado 28 de novembro 2006) un relatorio enfocado na Web 2.0 e mailo Sw Libre... en tan só 15 minutos!

Aló coincidín con moita xente interesante (Juan Freire, Horacio González... Marcelo Branco) e outras non tanto... xa que até veu a SGAE!

Marcelo foi presentado coma asesor de Lula, algo que logo desmintiu perante algúns de nós... A min estrañoume este feito xa que el é sempre presentado coma tal. Será porque conmigo viña Sulamita? ;-)
Consello da Cultura

Chuzame! chuzame -

Outros significados de GNU

Durante as pasadas xornadas de Sw Libre no Porriño souben dunhas páxinas, se cadra non tan coñecidas, que teñen o mesmo obxectivo ca Wikipedia pero en tono de humor.

Uncyclopedia

Daquela para o termo GNU, acrónimo recursivo que significa GNU is Not Unix, hai algunhas variantes:

  • Gnu is Not gnu, is Unix
  • Generally Not Usable
  • Gnu Needs Users
  • Gates Now Unhappy
  • Gnu is Not an Ungulate

Podes atopar estes significados nesta ligazón. Tamén tes o de LINUX, Linux Is Not UniX.

Alén do proxecto inicial Uncyclopedia tes as súas variantes Inciclopedia en castelán e a Desciclopédia en brasileiro.

Obrigado Sula!

Chuzame! chuzame -