Por que todo o mundo odia a Micro$oft?

Alguén pregunta en Slashdot Por que todo o mundo odia a Micro$oft?. O texto di:

Estou a facer un corto proxecto sobre Microsoft e mailo seu impacto na sociedade. Unha parte considerable deste proxecto é a percepción que a xente ten de Microsoft e o negativo prexuizo desa percepción. Xa que logo Slashdot é un dos líderes mundiais de primeira liña no odia a Microsoft, eu querería saber: Por que odiades a Microsoft? Por favor, sede tan descritivos como queirades. O número de argumentos emailos comnetarios positivos serán tamén agradecidos.

As respostas e comnetarios ao redor desta pregunta están a medrar en número en moi poucas horas da publicación desta nova.

Parece ser certo ese odio... Hai motivos para tódolos gustos: as estratexias monopolísticas, o acoso e derrubo de empresas competidoras, as constantes multas que recibe por competencia desleal, a ignorancia do pobo ao crer que eles foron os inventores dos PCs (e até hainos que pensan que Internet e outra obra súa!), unha Fundación coas que reciben recompensas fiscais por outras canles, a súa eficaz 'miopía' á hora de non atacar a pirataría cando lles interesa (escolas, universidades... ) e un moi longo etc.

Nembargantes isto acontece e ademais é certo, pode que non sexa tan certa esa estratexia de odio que facemos dende páxinas adicadas á promoción do Sw Libre coma ás de AGNIX xa que, a fin de contas, tamén estase a atacar a esa parte do pobo (realmente á maioría del) que emprega sw porque considérao coma un instrumento cos que acadar solucións aos seus problemas, nada máis. Non ve ameazas á súa privacidade por ningures e menos aínda á súa liberdade individual.

Tamén paga a pena lembrar o que acontecía nas pasadas décadas, como ben dicía Sandro Araujo nas xornadas do Porriño, cando comezaban a aparecer os primeiros PCs e o enimigo do pobo era IBM, o heroi era Bill Gates. Pode trocar a actual perspectiva que se ten de Microsoft nun vindeiro futuro por un odio a Google? Acho que Google xa ten isto presente e porén emprega outras estratexias ben diferentes das que emprega a M$.

Publiqueino en AGNIX.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply