Sw Libre nos ‘Bos Días’ da TVG

Bos Dias da TVG

Mañá xoves, 1 de febreiro, estará presente o Sw Libre no telexornal matinal nomeado Bos Días ao redor das 9hs 35 min e durante uns minutos de entrevista. O entrevistado é quen che escribe este artigo. Nun primeiro achegamento, a idea da TVG era ter un pequeno debate aproveitando a saída ao mercado da nova versión dun sistema operativo cativo. Trala mostra de disconformidade sobor dese plantexamento semella que toda a temática será o Sw Libre exclusivamente.

Atopei varias posibilidades para poder presenciar o programa vía Internet. O máis doado é conectarse á web da CRTVG, ir ao menú Televisión que tes á esquerda e seleccionar a opción Televisión en directo, daquela tará que abrirse unha fiestra de visualización co plugin que teñas configurado no teu navegador. O desfase temporal é de apenas uns segundos respecto do realmente en directo.

Se atopas atrancos na visualización aínda tes a posibilidade de agardar ao remate do programa e ir o menú Televisión que tes á esquerda e seleccionar a opción Televisión á carta, despois ir cara A Entrevista, seleccionar o programa do dia 1 de febreiro e agardar a que se abra a fiestra co teu visualizador de videos a xeito de plugin que teñas configurado no teu navegador.

Outra opción máis tela co programa VLC dispoñible para que case tódalas plataformas. Execútao e elixe Ficheiro => Abrir Fluxo de Rede. No casilleiro HTTP/HTTPS/FTP/MMS pon o enderezo mms://85.91.64.23/Television se é para velo en directo ou mms://media2.crtvg.es/videos/BOS_DIAS_20070201.wmv se é en diferido.

Agora só resta facelo ben e que o Sw Libre estea máis presente nos programas radiotelevisivos.

Aproveito para darlle a noraboa á xente do IES de Chan dos Montes, especialmente a Óscar Herminda e Manuel Morán, pola súa presenza onte no programa A Revista. Podes ollalo no enderezo mms://media2.crtvg.es/videos/A_REVISTA_20070130.wmv e axústao a 56 min 40 seg en adiante.

Chuzame! chuzame -

Quen paga a conta da factura do Sw Libre?

Atopei un fantástico artigo de Ricardo Bánffy, enxeñeiro consultor informático , desenvolvedor e conferenciante brasileiro. Ricardo detalla con ilustrativos exemplos como estase a pagar a factura do Sw Libre xa que moitos cren que el é gratis. Deixo os derradeiros parágrafos deste artigo:

Eu pago (em meu tempo, quando faço eu mesmo, em dinheiro, quando alguém faz por mim), quando corrijo um erro na documentação, quando extendo alguma funcionalidade ou quando porto alguma coisa para uma plataforma nova.

Pago em divulgação, quando peço para um aluno usar o Eclipse em vez do Borland J–Builder que ele comprou no camelô da porta da faculdade, ou ainda quando escrevo este artigo. Você paga do mesmo jeito. Ou paga escrevendo um manual, ou preenchendo um bug–report, ou arrumando uma página para que usuários do Konqueror ou Mozilla consigam vê–la. Montes de graduandos de Ciência da Computação pagam, expandindo e criando software livre.

Meus clientes pagam quando me contratam para construir alguma coisa usando software livre. No final das contas, continuamos pagando pelo software.

Isso é importante: Quando você paga, você paga pelo software. Você vira dono dele. Em vez de pagar caro (ou não) apenas pelo direito de usar uma cópia de uma coisa que continua pertencendo a outra pessoa. E ai de você se esquecer que aquilo nunca foi seu.

Pela primeira vez na história, o software é seu, de verdade. Você pode levar pra casa tudo, mas tudo mesmo, o que comprou.

Artigo orixinal.

Chuzame! chuzame -

Documentos Halloween existiron, confirmado!

Os Documentos Halloween (en português e máis amplo en inglés) existiron tal como vén de ser confirmado por un tribunal dos EE.UU. segundo leo en BR-Linux sinalando como fonte unha nova do sitio especializado en leis Groklaw.

Esta confirmación é crucial xa que logo proba á vez a existencia da estratexia de Hasefroch de adoptar, estender e extinguir estándares, ben coñecida por quen ama o Sw Libre e motivo de varios pleitos nos que está inmersa esa empresa.

En 1998 xa foron recoñecidos como documentación de tránsito interno pola propia Hasefroch, nuns tempos cando a propia empresa negaba publicamante a ameaza do Sw Libre como competidora. Esa nova mentira, coa confirmación perante un tribunal, valerá para abrir os ollos a quen aínda non o fixera. Será?

Chuzame! chuzame -

O McLaren de Alonso ten o mesmo prezo ca un caza F-15!

É un dos segredos mellor gardados da Fórmula 1. Canto custa un monopraza dun equipo punteiro durante unha tempada? No Reino Unido desvelaron fai tres anos o prezo dun McLaren, que sumado un incremento aproximado nese periodo dá un prezo aproximado de 48,6 millóns de euros, ou o que é o mesmo, o valor dun caza F-15 de última xeración tecnolóxica. Alonso pódese sentir como un top gun.

Con todo, habería que precisar o prezo, xa que eses 48,6 millóns sae da suma das múltiples pezas que hai que cambiar ao longo das 18 carreiras que compoñen o Mundial. O máis caro é o motor, que rolda os 180.000 euros, pero é que cada carreira lévanse cinco por cada monoplaza, é dicir, 90 en toda a tempada.

O outro aspecto que dispara o custo é a caixa de cambios. É unha das claves do coche e o seu prezo é duns 114.800 euros. Adóitanse utilizar unhas quince, dada a súa extrema sensibilidade.

Pero é que ata unha torca, si, esa que amolou a Alonso en Hungría! sae por 90 euros unidade. Se a todo isto sumamos as viaxes, a montaxe de cada gran premio, soldos de enxeñeiros, mecánicos, pilotos etc... o orzamento de McLaren dispárase a case 500 millóns.

Fonte.

Chuzame! chuzame -

Rivais cren que Vi$ta é ilegal baixo as leis da UE

Un grupo de empresas rivais do Vi$ta sinalan que este sistema operativo segue a perpetuar prácticas consideradas ilegais na UE dende hai xa tres anos. Neste grupo atópanse IBM, Nokia, Sun Microsystems, Adobe, Oracle, Corel, RealNetworks, Linspire, Opera e Red Hat.

A Comisión Europea atopou culpable a M$ no pasado 2004 por empregar o seu dominio para expulsar a RealNetworks e outros fabricantes de software de audio e video por streaming facendo o seu escritorio deliberadamente incompatible con estes competidores.

Microsoft claramente elixiu ignorar os principios fundamentais da decisión de marzo de 2004 da Comisión Europea, dixo Simon Awde, presidente do ECIS (European Committee for Interoperable Systems).


ECIS integra a ODF Alliance e no seu dia aplaudiu á ISO (International Standards Organisation) ao aprobar o ODF (Open Document Format) coma estándar internacional.

O propio Sr. Awde tamén sinala que o Vi$ta é o primeiro paso na estretexia de M$ para estender o seu dominio de mercado en Internet nunha nova publicada no propio organismo público europeo. Non fica calado aí senón que afirma que a linguaxe XAML da M$ está a pretender substituir o estándar HTML xa que faría dependelo exclusivamente do seu sistema operativo, descriminando a outros sistemas coma GNU/Linux.

Alén disto, o nomeado open XML, coñecido coma OOXML, está deseñado para ser executado só no seu sistema operativo e sen que o público se decate dilo. O resulatdo final seguirá a ser a ausencia de elección por parte do consumidor que leva anos agardando a mellora ou corrección dos seus produtos monopolísticos e de altos prezos, di o avogado da ECIS, Thomas Vinje.

Paga a pena lembrar que Micro$oft desafiou a decisión da Comisión Europea tomada en marzo de 2004 que incluía unha multa de 500 millóns de euros alén de ordes específicas para que a devandita empresa modificara as súas prácticas monopolísticas. Esta decisión está recorrida e agarda a decisión final do Tribunal de Primeira Instancia da UE.

Esta nova foi atopada aquí.

Se cres que alguén merece uns azoutes preme varias veces na imaxe da ligazón, abaixo onde di SPANK.

 

Chuzame! chuzame -

Fama do apoio ao software livre por parte do governo brasileiro pode ser uma bolha prestes a estourar?

Acotío visito a páxina de BR-Linux e máis despois de ser nomeado correspondente galego dese portal. Porén foi Sulamita quen me suxeriu ler esta nova que fai referenza a un artigo de Linux.com Brazil's FOSS utopia image at risk.

Heille escribir a Augusto para que difunda ánimos para a sociedade brasileira e non disminúa a intensidade da súa loita.

Chuzame! chuzame -

O Brenlla na TVG

Chamáronme para compartir mesa cunha empresa de marketing contratada por M$ xa que éstes queren presentar o Window$ Vi$ta.

Na entrevista mantida en persoa a pasada semana e hoxe por teléfono comenteilles que non está no meu interese pelexar contra ninguén, porén aceptei para abrir portas a outras oportunidades mellores onde falemos do que importa nestes intres á sociedade galega no eido do Sw Libre.

E agora non escribo máis, non vaia ser que anden a espiar :-)

Chuzame! chuzame -

O congreso do pobo para os usuarios de pago

O socio de AGNIX, Alexandre González, vén de publicar unha iniciativa comezada por outro socio de AGNIX, Rafael Ávila. A nova di:

É decir, se queres acceder ás opcións máis interesante da páxina web do Congreso dos diputados (www.congreso.es) tes a obligación de mercar Micro$oft Windows e inda por riba de utilizar Micro$oft Windows Media Player, se non, esas características novidosas de ver as retransmisións en directo non estarán ó teu alcance.
[modo irónico ON]
Supoño que esto se debe a que en plataformas non-Windows non existen programas o suficientemente bos para facer iso.
[modo irónico OFF]

O noso compañeiro ravila ven de enviar un correo ó webmaster da páxina (webmaster (at) congreso _DOT_ es) e a esta outra xente interesada:

  • servicio.informacion (at) sgral.congreso _DOT_ es
  • manuel.marin (at) diputado.congreso _DOT_ es
  • carme.chacon (at) diputada.congreso _DOT_ es
  • a.pastor (at) diputada.congreso _DOT_ es
  • jblanco (at) diputado.congreso _DOT_ es
  • ofdavila (at) diputada.congreso _DOT_ es

Se queres colaborar na iniciativa reproduce o texto integro de ravila e reenviallo a toda esa xente, e por suposto ó denfensor do pobo: registro (at) defensordelpueblo _DOT_es.

Chuzame! chuzame -

Darei relatorio na III CISL de Badaxoz

Veñen de poñerse en contacto conmigo os organizadores da III Conferencia Internacional de Software Libre que se há celebrar en Badaxoz os entre os dias 7, 8 e 9 de febreiro de 2007 baixo o lema 'Un reto para a imaxinación', organizada conxuntamente pola Xunta de Estremadura e a Xunta de Andalucía en base ao seu acordo de colaboración para o desenvolvemento e a promoción do Software Libre.

Esta Conferencia, na súa terceira edición, converteuse no foro de presentación e de debate de ideas, proxectos e experiencias máis importante de España e nun dos eventos máis relevantes de todo o mundo. Nos seus dúas pasadas edicións, celebradas en Málaga e en Mérida, rexistráronse máis de 10.000 participantes, e interviñeron máis de 400 destacados ponentes do mundo político, das telecomunicaciones, das empresas, as administracións e a Universidade.

Dende logo é un pracer poder aproveitar esta oportunidade!

Ofrecinlles a posiblidade de falar do que está a acontecer na sociedade galega no eido do Sw Libre ou facer unha arriscada prospección do futuro que temos por diante. Elixiron isto último, co cal darei un relatorio que xa din noutras poucas ocasións (Linux Party e Lugo) á que considero adecuada só para xentes que alomenos coñeza do tema porque non sempre fica en bo lugar a nosa querida comunidade...

III CISL

Chuzame! chuzame -

AGNIX.org leva publicadas 2744 novas en 3 anos

AGNIX.org publica novas ao redor do eido da Tecnoloxía, Cultura e Software Libres cun compromiso tácito pero serio de publicación diaria, de calidade e liberdade autorial. Polo de agora leva publicadas 2744 novas nos seus 3 anos de existencia, o cal supón preto de 4 novas de media diaria se desbotamos neste cómputo os dias festivos e non-laborais. Por iso, a súa base documental é moi ampla, servindo a sección Procura de semente cara un doado afondamente a calquera temática. A publicación de novas só é unha das actividades asociativas xa que AGNIX tamén desenvolve o cd-vivo en galego GNIX, organiza xornadas, obradoiros e cursiños ou participa en mesas de debate e relatorios en varios eventos, estando sempre aberta a outras iniciativas.

Para poder cumprir con este compromiso de publicación diaria foi precisa a colaboración de moitas persoas. É por iso polo que agradecemos efusivamente o traballo de asenndas, hurd, bit0, amanita, tonio, Esceptic, Verísssimo, Corral, Cabelo, CarLinhOS, eniac, jdeveloper, choutos, xurxo, goretoxo e quen dun xeito máis puntual tamén o fixera.

Dende há algún tempo estase a estudar a evolución de AGNIX.org cara a tan nomeada Web 2.0 sen estragar o gran traballo feito ata o de agora. A evolución faría ben máis doada a publicación de novas e outras propostas autoriais, coma manuais, trucos...

Namentres, podes facelo enviando a túa proposta á rolda de correo-e xeral de AGNIX ou enchendo o formulario de contacto.

A data oficial do terceiro aniversario desta páxina é a do 20 de xaneiro.

Chuzame! chuzame -

Gran actividade galega a prol do Sw Libre

Unha gran actividade galega a prol do Sw Libre está a acontecer nas últimas xornadas, xusto tralo anunciamento do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, orzamentado en máis de 800 millóns de euros:

  • Vieiros sinala que a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, escolleu o software libre e as novas tecnoloxías como tema do seu relatorio na próxima Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (Coprepa). Nesta importante cita institucional, concretamente o vindeiro xoves 25 á tarde Villarino dará a coñecer un plan para fomentar o uso dos programas libres entre os deputados e traballadores da Cámara. Na actualidade, o Parlamento contrata a maioría das súas aplicacións a Microsoft, malia o apoio oficial da Xunta ao software libre.
  • Mancomun.org integra un novo servizo: A Forxa, o repositorio galego para proxectos libres
  • O CMG (Centro Multimedia de Galicia) imparte Cursos de Software Libre para xerar contidos multimedia, moi chamativo cando o centro sempre foi unha institución usuaria de sw privativo (ou cativo).
  • Traducíndote, o programa que traduce ao galego arquivos con formato odt de OpenOffice.org. Para elo utiliza o software de tradución Apertium, con licenza GPL, ofrecendo a súa calidade de tradución, sobordetodo, en pares de idiomas da península. Por qué non traduce documentos de Microsoft Word? Por ser este non-libre, pechado, privativo, cativo, foráneo, non estándar... e en riba de pago,claro.

Parece claro que algo está a trocar na nosa escena xa que, aínda sendo estes os primeiros pasos, camíñase en varias frontes cara unha maior implicación da sociedade na medida que ésta asimila todas as consecuencias positivas que empregar Software Libre fornece. Estamos no camiño.

O avanzo está a ser imparable e máis ca isto. Lembro dicir en varias ocasións que o desenvolvemento libre é exponencial. É certo, estase a confirmar con só botar para atrás uns anos, como testigos privilexiados dunha revolución evidente xa daquela. Produce certa vertixe imaxinar o que virá e como virá. E non há moito estábamos con terminais...

Chuzame! chuzame -

ColorIuris

Lendo en Chuza decido profundizar en TorreBurriel.com ao redor de ColorIuris :

Por qué he usado Coloriuris para esta web

Bueno, pues como hubo una consulta en los comentarios del post en el que decía que adoptaba el contrato de cesión de derechos de Coloriuris para este sitio web, frente a las licencias Creative Commons, he querido poner este post, a modo de explicación didáctica.

Leyenda:

  • CC: Creative Commons
  • CI: ColorIuris
  1. CC son autorizaciones unilaterales (”licencias”… como una licencia de caza, de obras… sólo que en el ámbito privado, lo que en derecho español no es fuente obligaciones), en tanto que CI son contratos de cesión de derechos donde hay un objeto (las anotaciones del sitio web, por ejemplo), una causa (la liberalidad del cedente) y un consentimiento de las dos partes, el cedente y el cesionario (aquel que acepta mi contrato).
  2. CC no tiene un texto personalizado, en CI cada contrato identifica el contenido (en mi caso el webblog) objeto del contrato.
  3. En CC el usuario no tiene forma de acreditar que el contenido era libre. En CI, aparte poder guardar/ imprimir el contrato, el cedente y el cesionario reciben un e-mail con una prueba del contrato celebrado, y el tercero de confianza guarda una tercera copia del mismo (con fecha y hora), y emitirá un certificado a solicitud de cualquiera de las partes.
  4. En CC el creador tiene que esperar a que Google le cuente si han utilizado su obra, y si lo han hecho de acuerdo a sus deseos, en CI existe más seguridad de que quien acepta el contrato lo haga según ha pactado… y quien no acepte rige para él la LPI en todo su esplendor.
  5. Es complicado que un usuario normal pueda ponerse en contacto con Lessig… o con el actual presi de CC (el empresario japonés Joi Ito). Sin embargo el equipo de CI son bastante más accesibles.
  6. CC deja bien claro que no es responsable por sus contratos. En CI asumen su responsabilidad.
  7. CC en su página web deja bien claro que son titulares de la marca y, aunque a priori parece poco probable podrían en un futuro exigir regalías por usar su marca, en CI se pone a disposición del cedente una licencia de uso de la marca CI.

Más información para quien esté interesado: ColorIURIS: «nuestros» derechos en la Red.

Para saber como rulan as cores hai boa info.

Chuzame! chuzame -

Adoptar, estender e extinguir estándares

Ecma International Approves Office Open XML as Worldwide Industry Standard. Open XML é o estandar proposto pola M$.

Non é que non sexa aberto *agora*, pode que así sexa.. A cuestión e se eguirá a selo no futuro. Temos garantías diso? Ou...

... Copio e pego de
http://es.wikipedia.org/wiki/Adoptar%2C_extender_y_extinguir (en castelán)

"Adoptar, extender, y extinguir" (en inglés EEE, Embrace, Extend and Extinguish) es el nombre dado a esta técnica por los críticos de Microsoft, que aseguran que adoptar y extender son sólo los primeros pasos para extinguir o suplantar tecnologías existentes con las alternativas de Microsoft.

Los tres pasos de la estrategia EEE serían:

  1. Adoptar: Microsoft anuncia públicamente que van a dar soporte a un estándar. Asignan empleados para colaborar en las organizaciones de estandarización, como el W3C o el IETF.
  2. Extender: Sí que implementan el estándar, al menos parcialmente, pero empiezan a añadir extensiones propias de Microsoft a sus productos. Lo justifican diciendo que sólo intentan añadir más valor para sus clientes, que les están pidiendo esas tecnologías.
  3. Extinguir: A través de varios medios, como implementando su estándar ampliado en sus productos de servidor o herramientas de desarrollo, aumentan el uso de las extensiones propietarias, hasta el punto de que los competidores que no siguen la versión del estándar creada por Microsoft ya no pueden competir. El estándar de Microsoft se convierte entonces en el único relevante en la práctica (un estándar de facto), porque permite a la compañía controlar el mercado gracias al control del estándar.

http://en.wikipedia.org/wiki/Embrace%2C_extend_and_extinguish (en inglés)

Ligazón coñecida grazas a Rafael Ávila nesta noticia.

Chuzame! chuzame -

Aprobado o PEGSI: aberto o camiño cara o Sw Libre

O PEGSI (Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información) nace para promover todos os avances técnicos e culturais que coloquen a Galiza como un país totalmente inserido na Sociedade da Información.

Conta con oito estratexias operativas, tres delas transversais (as denominadas infraestruturas para a Sociedade da Información; interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto; e contidos e servizos), catro verticais (desenvolvemento do sector empresarial da Sociedade da Información; aplicación das TIC polo tecido empresarial; servizos públicos de calidade; e inclusión e sustentabilidade), e unha estratexia instrumental, que será a empregada na xestión das políticas públicas da Sociedade da Información.

O Plano Estratéxico Galego para Sociedade da Información, ademais, ten un carácter orientativo, non prescritivo, que servirá de marco fluído e dinámico de aquí ao ano 2010 e que se complementará cos planos directores sectoriais, cos operativos anuais, cos orzamentos e coas políticas europeas neste ámbito de actuación.

Actuacións

  • Elaboración viabilidade e da estratexia de incorporación do sóftware libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
  • Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de sóftware libre
  • Implantación de solucións baseadas en código aberto a nivel de servidor
  • Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.

Alén do persoal político e técnico que fixo posible esta realidade, é bo lembrar e agradecer a toda esa xente, ás veces pouco visibles, que levan loitando, contribuindo e traballando dende hai anos para darlle agora a merecida noraboa.

Chuzame! chuzame -

Volverei ser aikidoka

Tras varios anos sen practicalo volverei ser aikidoka, é dicir, quen practica o Aikido.

Aikido é un gendai budo, (arte marcial moderna xaponesa). Os practicantes de aikido coñécense como aikidokas. O aikido desenvolveuno Morihei Ueshiba (coñecido entre os aikidoka como o-sensei entre 1930s e os 1960s. Tecnicamente gran parte do aikido deriva do Daitō-ryū Aiki-jūjutsu, unha forma de jujutsu con moitas técnicas conxuntas, e do kenjutsu. É unha arte orientada á defensa, cunha fonda base filosófica ( ... ordea a túa casa e logo o universo... ), no que o defensor redirixe o movemento e a enerxía do ataque ao seu opoñente, perseguendo sempre a amizade do contrario. É unha arte marcial difícil, que require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas baseadas en movementos fluídos e circulares. Os aikidoka afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos demais, carecendo de competicións.

Volverei para acompañar ao meu neno (hoxe con seis anos) e tentar, de paso, rescatar un chisco da harmonía e paz perdidas co axetreo diario.

Na páxina da Asociación Española de Técnicos de Aikido hai varios documentos interesantes para afondar nesta disciplina.

Logo Aikido, preme para video de O-Sensei

Video Aikido

Chuzame! chuzame -