Volverei ser aikidoka

Tras varios anos sen practicalo volverei ser aikidoka, é dicir, quen practica o Aikido.

Aikido é un gendai budo, (arte marcial moderna xaponesa). Os practicantes de aikido coñécense como aikidokas. O aikido desenvolveuno Morihei Ueshiba (coñecido entre os aikidoka como o-sensei entre 1930s e os 1960s. Tecnicamente gran parte do aikido deriva do Daitō-ryū Aiki-jūjutsu, unha forma de jujutsu con moitas técnicas conxuntas, e do kenjutsu. É unha arte orientada á defensa, cunha fonda base filosófica ( ... ordea a túa casa e logo o universo... ), no que o defensor redirixe o movemento e a enerxía do ataque ao seu opoñente, perseguendo sempre a amizade do contrario. É unha arte marcial difícil, que require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas baseadas en movementos fluídos e circulares. Os aikidoka afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos demais, carecendo de competicións.

Volverei para acompañar ao meu neno (hoxe con seis anos) e tentar, de paso, rescatar un chisco da harmonía e paz perdidas co axetreo diario.

Na páxina da Asociación Española de Técnicos de Aikido hai varios documentos interesantes para afondar nesta disciplina.

Logo Aikido, preme para video de O-Sensei

Video Aikido

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply