Aprobado o PEGSI: aberto o camiño cara o Sw Libre
O PEGSI (Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información) nace para promover todos os avances técnicos e culturais que coloquen a Galiza como un país totalmente inserido na Sociedade da Información.
Conta con oito estratexias operativas, tres delas transversais (as denominadas infraestruturas para a Sociedade da Información; interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto; e contidos e servizos), catro verticais (desenvolvemento do sector empresarial da Sociedade da Información; aplicación das TIC polo tecido empresarial; servizos públicos de calidade; e inclusión e sustentabilidade), e unha estratexia instrumental, que será a empregada na xestión das políticas públicas da Sociedade da Información.
O Plano Estratéxico Galego para Sociedade da Información, ademais, ten un carácter orientativo, non prescritivo, que servirá de marco fluído e dinámico de aquí ao ano 2010 e que se complementará cos planos directores sectoriais, cos operativos anuais, cos orzamentos e coas políticas europeas neste ámbito de actuación.
Actuacións
- Elaboración viabilidade e da estratexia de incorporación do sóftware libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración
- Desenvolvemento do posto de traballo/escritorio estándar soportado en programas ofimáticos de sóftware libre
- Implantación de solucións baseadas en código aberto a nivel de servidor
- Implantación e desenvolvemento de servizos públicos electrónicos baseados en plataformas de código aberto.
Alén do persoal político e técnico que fixo posible esta realidade, é bo lembrar e agradecer a toda esa xente, ás veces pouco visibles, que levan loitando, contribuindo e traballando dende hai anos para darlle agora a merecida noraboa.
chúzame -
En: FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Leave a Reply