AGNIX.org leva publicadas 2744 novas en 3 anos
AGNIX.org publica novas ao redor do eido da Tecnoloxía, Cultura e Software Libres cun compromiso tácito pero serio de publicación diaria, de calidade e liberdade autorial. Polo de agora leva publicadas 2744 novas nos seus 3 anos de existencia, o cal supón preto de 4 novas de media diaria se desbotamos neste cómputo os dias festivos e non-laborais. Por iso, a súa base documental é moi ampla, servindo a sección Procura de semente cara un doado afondamente a calquera temática. A publicación de novas só é unha das actividades asociativas xa que AGNIX tamén desenvolve o cd-vivo en galego GNIX, organiza xornadas, obradoiros e cursiños ou participa en mesas de debate e relatorios en varios eventos, estando sempre aberta a outras iniciativas.
![]()
Para poder cumprir con este compromiso de publicación diaria foi precisa a colaboración de moitas persoas. É por iso polo que agradecemos efusivamente o traballo de asenndas, hurd, bit0, amanita, tonio, Esceptic, Verísssimo, Corral, Cabelo, CarLinhOS, eniac, jdeveloper, choutos, xurxo, goretoxo e quen dun xeito máis puntual tamén o fixera.
Dende há algún tempo estase a estudar a evolución de AGNIX.org cara a tan nomeada Web 2.0 sen estragar o gran traballo feito ata o de agora. A evolución faría ben máis doada a publicación de novas e outras propostas autoriais, coma manuais, trucos...
Namentres, podes facelo enviando a túa proposta á rolda de correo-e xeral de AGNIX ou enchendo o formulario de contacto.
A data oficial do terceiro aniversario desta páxina é a do 20 de xaneiro.
chúzame -
En: AGNIX, Cultura Libre, FLOSS por Roberto Brenlla
Leave a Reply