Darei relatorio na III CISL de Badaxoz

Veñen de poñerse en contacto conmigo os organizadores da III Conferencia Internacional de Software Libre que se há celebrar en Badaxoz os entre os dias 7, 8 e 9 de febreiro de 2007 baixo o lema 'Un reto para a imaxinación', organizada conxuntamente pola Xunta de Estremadura e a Xunta de Andalucía en base ao seu acordo de colaboración para o desenvolvemento e a promoción do Software Libre.

Esta Conferencia, na súa terceira edición, converteuse no foro de presentación e de debate de ideas, proxectos e experiencias máis importante de España e nun dos eventos máis relevantes de todo o mundo. Nos seus dúas pasadas edicións, celebradas en Málaga e en Mérida, rexistráronse máis de 10.000 participantes, e interviñeron máis de 400 destacados ponentes do mundo político, das telecomunicaciones, das empresas, as administracións e a Universidade.

Dende logo é un pracer poder aproveitar esta oportunidade!

Ofrecinlles a posiblidade de falar do que está a acontecer na sociedade galega no eido do Sw Libre ou facer unha arriscada prospección do futuro que temos por diante. Elixiron isto último, co cal darei un relatorio que xa din noutras poucas ocasións (Linux Party e Lugo) á que considero adecuada só para xentes que alomenos coñeza do tema porque non sempre fica en bo lugar a nosa querida comunidade...

III CISL

Chuzame! chuzame -

One Response to “Darei relatorio na III CISL de Badaxoz”

  1. […] Agora veñen outras cousas a probar e até pensar no futuro, refírome ás actualizacións. Pois ben There are no monthly or any other types of fees which have to be paid to access and use maps. Maps and traffic information can be upgraded for a fee, é dicir, usar os mapas que trae non custa porén as actualizacións de tráfico e mapas poden ter unha tarifa. O amigo capri99 di que poden ser uns 40-60 euros/ano alén dalgunhas cousas máis… durante a recente viaxe ao III CISL de  Badaxoz. […]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image