Rivais cren que Vi$ta é ilegal baixo as leis da UE

Un grupo de empresas rivais do Vi$ta sinalan que este sistema operativo segue a perpetuar prácticas consideradas ilegais na UE dende hai xa tres anos. Neste grupo atópanse IBM, Nokia, Sun Microsystems, Adobe, Oracle, Corel, RealNetworks, Linspire, Opera e Red Hat.

A Comisión Europea atopou culpable a M$ no pasado 2004 por empregar o seu dominio para expulsar a RealNetworks e outros fabricantes de software de audio e video por streaming facendo o seu escritorio deliberadamente incompatible con estes competidores.

Microsoft claramente elixiu ignorar os principios fundamentais da decisión de marzo de 2004 da Comisión Europea, dixo Simon Awde, presidente do ECIS (European Committee for Interoperable Systems).


ECIS integra a ODF Alliance e no seu dia aplaudiu á ISO (International Standards Organisation) ao aprobar o ODF (Open Document Format) coma estándar internacional.

O propio Sr. Awde tamén sinala que o Vi$ta é o primeiro paso na estretexia de M$ para estender o seu dominio de mercado en Internet nunha nova publicada no propio organismo público europeo. Non fica calado aí senón que afirma que a linguaxe XAML da M$ está a pretender substituir o estándar HTML xa que faría dependelo exclusivamente do seu sistema operativo, descriminando a outros sistemas coma GNU/Linux.

Alén disto, o nomeado open XML, coñecido coma OOXML, está deseñado para ser executado só no seu sistema operativo e sen que o público se decate dilo. O resulatdo final seguirá a ser a ausencia de elección por parte do consumidor que leva anos agardando a mellora ou corrección dos seus produtos monopolísticos e de altos prezos, di o avogado da ECIS, Thomas Vinje.

Paga a pena lembrar que Micro$oft desafiou a decisión da Comisión Europea tomada en marzo de 2004 que incluía unha multa de 500 millóns de euros alén de ordes específicas para que a devandita empresa modificara as súas prácticas monopolísticas. Esta decisión está recorrida e agarda a decisión final do Tribunal de Primeira Instancia da UE.

Esta nova foi atopada aquí.

Se cres que alguén merece uns azoutes preme varias veces na imaxe da ligazón, abaixo onde di SPANK.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp