O McLaren de Alonso ten o mesmo prezo ca un caza F-15!
É un dos segredos mellor gardados da Fórmula 1. Canto custa un monopraza dun equipo punteiro durante unha tempada? No Reino Unido desvelaron fai tres anos o prezo dun McLaren, que sumado un incremento aproximado nese periodo dá un prezo aproximado de 48,6 millóns de euros, ou o que é o mesmo, o valor dun caza F-15 de última xeración tecnolóxica. Alonso pódese sentir como un top gun.
Con todo, habería que precisar o prezo, xa que eses 48,6 millóns sae da suma das múltiples pezas que hai que cambiar ao longo das 18 carreiras que compoñen o Mundial. O máis caro é o motor, que rolda os 180.000 euros, pero é que cada carreira lévanse cinco por cada monoplaza, é dicir, 90 en toda a tempada.
O outro aspecto que dispara o custo é a caixa de cambios. É unha das claves do coche e o seu prezo é duns 114.800 euros. Adóitanse utilizar unhas quince, dada a súa extrema sensibilidade.
Pero é que ata unha torca, si, esa que amolou a Alonso en Hungría! sae por 90 euros unidade. Se a todo isto sumamos as viaxes, a montaxe de cada gran premio, soldos de enxeñeiros, mecánicos, pilotos etc... o orzamento de McLaren dispárase a case 500 millóns.
chuzame -
En: Racing por Roberto Brenlla
Só matizar o dato dos 90 motores por tempada: segundo a regulamento actual, un motor “debe” durar 2 grandes premios, e se algún motor non aguanta os dous grandes premios o corredor é penalizado con 10 posicións na liña de saída do seguinte GP.