Documentos Halloween existiron, confirmado!

Os Documentos Halloween (en português e máis amplo en inglés) existiron tal como vén de ser confirmado por un tribunal dos EE.UU. segundo leo en BR-Linux sinalando como fonte unha nova do sitio especializado en leis Groklaw.

Esta confirmación é crucial xa que logo proba á vez a existencia da estratexia de Hasefroch de adoptar, estender e extinguir estándares, ben coñecida por quen ama o Sw Libre e motivo de varios pleitos nos que está inmersa esa empresa.

En 1998 xa foron recoñecidos como documentación de tránsito interno pola propia Hasefroch, nuns tempos cando a propia empresa negaba publicamante a ameaza do Sw Libre como competidora. Esa nova mentira, coa confirmación perante un tribunal, valerá para abrir os ollos a quen aínda non o fixera. Será?

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image