Sw Libre nos ‘Bos Días’ da TVG

Bos Dias da TVG

Mañá xoves, 1 de febreiro, estará presente o Sw Libre no telexornal matinal nomeado Bos Días ao redor das 9hs 35 min e durante uns minutos de entrevista. O entrevistado é quen che escribe este artigo. Nun primeiro achegamento, a idea da TVG era ter un pequeno debate aproveitando a saída ao mercado da nova versión dun sistema operativo cativo. Trala mostra de disconformidade sobor dese plantexamento semella que toda a temática será o Sw Libre exclusivamente.

Atopei varias posibilidades para poder presenciar o programa vía Internet. O máis doado é conectarse á web da CRTVG, ir ao menú Televisión que tes á esquerda e seleccionar a opción Televisión en directo, daquela tará que abrirse unha fiestra de visualización co plugin que teñas configurado no teu navegador. O desfase temporal é de apenas uns segundos respecto do realmente en directo.

Se atopas atrancos na visualización aínda tes a posibilidade de agardar ao remate do programa e ir o menú Televisión que tes á esquerda e seleccionar a opción Televisión á carta, despois ir cara A Entrevista, seleccionar o programa do dia 1 de febreiro e agardar a que se abra a fiestra co teu visualizador de videos a xeito de plugin que teñas configurado no teu navegador.

Outra opción máis tela co programa VLC dispoñible para que case tódalas plataformas. Execútao e elixe Ficheiro => Abrir Fluxo de Rede. No casilleiro HTTP/HTTPS/FTP/MMS pon o enderezo mms://85.91.64.23/Television se é para velo en directo ou mms://media2.crtvg.es/videos/BOS_DIAS_20070201.wmv se é en diferido.

Agora só resta facelo ben e que o Sw Libre estea máis presente nos programas radiotelevisivos.

Aproveito para darlle a noraboa á xente do IES de Chan dos Montes, especialmente a Óscar Herminda e Manuel Morán, pola súa presenza onte no programa A Revista. Podes ollalo no enderezo mms://media2.crtvg.es/videos/A_REVISTA_20070130.wmv e axústao a 56 min 40 seg en adiante.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image