Sw Libre na TVG, video en YouTube e Mancomun.org
Grazas ao novo socio Ánxel Piñeiro xa está subido a YouTube o video do meu breve paso pola TVG (preme na imaxe para ollalo):
(Actualización: tamén está dispoñible en formato mpg)
Restou moito, moitísimo por dicir mais... que se pode facer se só estás uns intres e por riba estás nervioso? Quería nomear as asociacións galegas, os proxectos e actividades existentes, as iniciativas, as redes sociais de Blogaliza ou Chuza, as persoas que traballan dende o anonimato e moito, moito máis! Fico magoado por iso e pido desculpas a quen esperase máis do que foi.
Tamén quero agradecer tódalas mensaxes de parabéns que recibín porque, abofé, dan forzas para seguir na loita, con certeza.
As persoas que fixoron posible a presenza do Sw Libre na TVG doulles a miñas sinceras grazas, especialmente a Xosé Novo quen contactou conmigo porque coñecíame das Xornadas de Achegamento que fixemos en Ames en maio do 2006.
Agora á seguinte estapa: o dia 7 de febreiro darei relatorio na 3ª Conferencia Internacional do Sw Libre en Badaxoz.
chuzame -

O feito de falar do software libre cando a nova é a saída de Windows Vista é moi importante.
Para nada me defraudou a entrevista. Noraboa
[...] algo máis. Ante todo estou moi agradecido mais tamén preocupado, case que tanto como no seu dia cando fora á TVG. Por que? Ben simple, como podo en tan pouco tempo evanxelizar? Na TVG foron uns 10 minutos xunto [...]