Efectos secundarios do canto de sereias (Parte I)

Veño de ollar varios videos que amosan ben ás claras o nivel dalgúns promotores brasileiros nisto que é un ben para a sociedade coñecido como Sw Libre. Heis o Sérgio Amadeu e o Júlio Neves nun dos programas televisivos máis coñecidos dalá: O Show do Jo. Ten a parte 1, a 2, a 3 e a 4 en videos da YouTube. Non sei se calificalos como humor.

Grazas aos comentarios (a maioría anónimos, algúns ofensivos demais) da nova que pedí para publicar ao Augusto Campos do BR-Linux, a Cláudio F. Filho do BR-OOo e a varias persoas amigas do Brasil, como o Sandro Araújo, podo imaxinar o canto de sereia da xente enfurecida, ofendida, magoada e até demente. De feito non sei se o próprio Augusto se ofendera co meu artigo porque non me gustou a súa troca de título facendo do asunto algo incendiado antes incluso de ser lido na súa completa extensión. Só confío que fora polo mal entendemento do meu pobre pt-br. Por iso agora escribo en galego normativo.

A galera brasileira pensa que a sociedade galega pode ser influenciada por persoas que non acadaron os seus obxectivos previstos nas encomendas no seu país e agora son embaixadores do Lula no estado español. Abofé, temos outros problemas e outros obxectivos como para perder tempo con embaixadores de vaporware alén de contar con persoas intelixentes e honestas (aínda que como e lóxico pode haber o contrario). Confío en que aquí esta materia estea a ser levada dun xeito ben máis serio, alomenos isto é o que está a acontecer polo de agora. Como dicía no contraverquido artigo, o tempo amosará a súa sentenza.

Será que vou ao FISL-8.0? Dinme que xa está feito un feirão, non paga tanto a pena ir... mais gustaríame. Do que si estou caseque seguro é que non sería para pacificar o campo de batalla do Sw Libre no Brasil. O meu obexectivo era muito máis sinxelo: amosar como se poden facer ben as cousas con planos estratéxicos consensuados, paciencia, diálogo aberto e participativo... en fin como o asunto serio que é. E, se puidese, tamén me gustaría axudar a conciliar posturas enfrontadas no Brasil, sempre con humildade e comportamento ético. Acontece que a galera xa está farta, furiosa e até demente.

Gustoume que tamén publicaran o meu artigo no Portal do Sw Livre e, mellor aínda, pois está tal cual o fixen, sen intros nin aditivos.

Mentras ordeo as miñas embarulladas ideas... boa sorte Brasil!

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply