Consecuencias da petición de clemencia de Gorbachov a Bill Gates

Trala carta que lle escribira o ex-presidente da antiga URSS, Mijaíl Gorbachov, a Bill Gates para pedirlle que se apiadara dun usuario ruso acusado de piratería, o gañador do premio Nobel da Paz afirma que Alexander Ponosov é un profesor dos Urais que adicou a súa vida á educación dos mozos e que recibe un modesto salario que non ten comparación cos soldos do persoal estándar da súa compañía, todo o ensino ruso pode migrar cara o Sw Libre. O profesor, afirma Gorbachov, foi ameazado co encarceramento nos campos de prisioneiros de Siberia.

Afortunadamente non foi preciso depender da clemencia do Sr. Gates xa que logo a xuiza desestimou o caso. A xuíza Elvira Mosheva desestimou o caso porque o dano económico provocado a Microsoft é demasiado insignificante para motivar unha investigación criminal. Alén disto, a xuíza tamén dubidou da existencia de probas convincentes que realmente desen sentido ao caso contra Ponosov.

Esta sentanza, xunta á misiva aberta de Mijaíl Gorbachov pode provocar un beneficio inesperado á sociedade rusa: as escolas rusas estudan migrar cara sw libre.

Daquela sexa benvida a loita contra a pirataría!

Gorbachov

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply