Efectos 3D con Beryl nunha Ubuntu Edgy con Intel

A cada dia que pasa está a ser máis doado dispor dun chamativo escritorio 3D. Probara con certo éxito nunha Ubuntu Dapper co Compiz nun portátil con tarxeta gráfica Intel i915.

Porén sempre regresaba ao escritorio tradicional dado que o obxectivo só era acadado de xeito parcial. Onte fixen unha nova proba neste mesmo portátil, desta vez co Beryl -un fork do Compiz-, e nunha Ubuntu 6.10 Edgy. Abraieime co doado que resultou facelo!

Beryl na Edgy

Nunha terminal fun executando as seguintes ordes:

sudo gedit /etc/apt/sources.list

Engado unha liña cun novo repositorio:

deb http://www.beerorkid.com/compiz edgy main-edgy

Gardo e pecho. Na mesma terminal executo:

wget http://www.beerorkid.com/compiz/quinn.key.asc -O - | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install beryl emerald emerald-themes

Vou ao menú Sistema/Sesións/ e na pestana 'Programas de Inicio' engado beryl-manager. Reinicio e ao entrar na contorna gráfica xa me amosa o logo do proxecto Beryl. A partires daquí só é practicar cos efectos, axustes persoais (premendo no logo do Beryl no panel superior)...

Certamente os efectos acadados son abraiantes! Outra cousa é a idoneidade e maila velocidade xeral da contorna.

Grazas a San Google atopei varias ligazóns para poder facelo. Por exemplo, esta gustoume pero estoutra é boa para aprender a fedellar con algúns dos seus efectos.

Ubuntu Dapper co Compiz

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image