Caixas sen abrir contendo PCs a estrear ben poden valer para pousar enriba un fermoso testo lucindo unha frondosa pranta. Beleza? Esa é a utilidade dalgúns dos novos PCs que se lle enviaron a varios centros de ensino galegos de primaria e secundaria. Queremos mellorar o ratio PCs/alumno, queremos que inclúan Sw Libre, queremos meter de cheo ao ensino galego na Sociedade do Coñecemento e para iso redistribúense milleiros de PCs con arranque dual. Isto, ao contrario do que poida semellar, está a xerar máis problemas ca solucións.
Representantes do profesorado e GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos) mantivemos unha xuntanza onte á tarde co persoal do SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega) no edifico da Xunta en San Caetano, Santiago.
A concordancia nas conclusións foi unánime. É preciso:
- Esixir a legalización do parque informático onde a pirataría ou o dobre pagamento de licenzas está á orde do dia.
- Dispor de máis persoal técnico no SIEGA. Menos de dúas dúcias de persoas para atender ao cada dia máis numeroso parque informático dos 2000 centros de ensino alén dos complexos sistemas dos servizos centrais é absolutamente insuficiente.
- Formar ao profesorado nas novas tecnoloxías con moita máis intensidade e calidade, especialmente en Sw Libre e maila filosofía é ética que éste impulsa.
- Crear a figura dos PTIC1 nos centros de ensino para que o resto dos docentes só teñan que preocuparse de exercer a docencia axudados por aplicacións e sistemas informáticos funcionais e eficaces.
- En definitiva, crear e orzamentar un Plan Estratéxico para o ensino galego, consensuado coas partes implicadas, que dé solucións eficaces á morea de atrancos que agora padece.

A longa reunión (máis de tres horas) foi preparada con varias semanas de antelación e contou coa activa participación do profesorado á hora de elaborar unha análise base. Ademais serviu para coñecer a problemática diaria que sufre o ensino desde os estamentos centrais ata o que acontece nos centros educativos.
Agora quérese informar directamente á conselleira de Educación, para correxir todas as incongruencias que agora padece o noso ensino, facendo partícipes aos axentes implicados, planificando e orzamentando medidas que poñan ao ensino galego nas mellores condicións porque del depende o noso futuro.
1 PTIC, Profesorado de Informática encargado da implantación das TIC nos centros de ensino.
chuzame -
En: Cultura Libre, FLOSS por Roberto Brenlla
5 Comentarios »
Por un casual atopei esta ferramenta de múltiples funcionalidades e sen precisar do Adobe Acrobat, nomeadamente pdftk.
Se o PDF é un documento electrónico, entón pdftk é electronic staple-remover, hole-punch, binder, secret-decoder-ring, and X-Ray-glasses.
Podes empregalo para:
- Merge PDF Documents
- Split PDF Pages into a New Document
- Decrypt Input as Necessary (Password Required)
- Encrypt Output as Desired
- Fill PDF Forms with FDF Data and/or Flatten Forms
- Apply a Background Watermark
- Report on PDF Metrics such as Metadata, Bookmarks, and Page Labels
- Update PDF Metadata
- Attach Files to PDF Pages or the PDF Document
- Unpack PDF Attachments
- Burst a PDF Document into Single Pages
- Uncompress and Re-Compress Page Streams
- Repair Corrupted PDF (Where Possible)
PDFTK é sw libre GPL.
Un exemplo moi sinxelo de uso pode ser o de unir varios PDFs:
pdftk arquivo1.pdf arquivo2.pdf cat output Novo.pdf
Ou ben, incluindo comodíns:
pdftk arquivo*.pdf cat output Novo.pdf
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Martin Varzavsky, emprendedor ben coñecido por Ya.com, por exemplo, está a meditar a creación dun Second Life para o mundo castelán pero abríndoo a outros idiomas como o galego, euskera ou catalán.
Martin comenta:
A razón pola cal creo que teriamos que facer un Second Life en castelán é parecida á que no seu momento levoume a facer Ya.com. Cando fixemos Ya.com con Antonio Saez, Rosalia Lloret, Alvy e outros colegas internet era case todo en inglés. Ya.com fixo que millóns entrasen á rede. Terra tamén por suposto. E con esa e moitas outras iniciativas xurdiu a internet en español.
Agora Second Life estase transformando nun internet paralelo, un internet visual. A xente establece a súa presenza en Second Life (estanme pedindo que Fon teña un sitio en Second Life onde explicamos o que é Fon, vendemos as foneiras e damos axuda ao foneiro) coma se fose un sitio en internet salvo que con moita máis interacción ao estilo humano. Pero todo este mundo de Second Life está pechado a quen non fala inglés. Inclusive onte con Loic falabamos disto, da dificultade dun francés para entrar en Second Life. Tamén por suposto poderíase ter un Second Life en catalán, ou euskera.
Marin esqueceuse do Second Life galego
chuzame -
En: Curiosidades por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Veño de enviarlle á revista Tempos Novos un artigo para a súa sección "A dúa bandas" onde dúas persoas opinan sobre un mesmo tema.
Será publicado no vindeiro mes de abril e versará sobre o fortalecemento da democracia empregando as TIC. Neste caso compartirei a devandita sección coa xornalista Eva Campos.
O contido da miña proposta segue a liña do exposto na Sociedade da Información e algúns conceptos que estou a compartir con Ismael Olea.
Publicareino eiquí cando saia publicado xa na revista. O título é
Só as TIC Libres poden levarnos cara a Sociedade do Coñecemento
chuzame -
En: Cultura Libre, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Eis as fotos da xunta xeral de AGNIX que aconteceu o pasado dia 10 de marzo de 2007 na Casa Amancio (Lavacolla, Santiago).
O dia comezou co traballo asociativo con non poucos puntos e proxectos. Despois foi un paseo polos arredores e logo a paparotada. Nela quixen brindar polo presi e por Toni, que tanto e tanto ben están a facer por AGNIX. O dia rematou cunha siesta por parte duns poucos (até tiñamos dous sofás!) e unha intensa sesión de sw e coñecemento libres. Foi todo tan fantástico que até pensamos durmir para a seguinte xuntanza...
Un dia inesquecible, con certeza.

chuzame -
En: AGNIX, Amizade, Cultura Libre, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A minha irmã Claudia anúncia o:
I ENCONTRO AUDIOVISUAL GALÍCIA–BRASIL
16 a 18 de março de 2007
O Consórcio Audiovisual da Galícia, o programa Cinema do Brasil e a Cinemateca Brasileira oferecem um panorama da criação cinematográfica galega através de uma seleção de longas-metragens (ficção, animação e documentário) de produção recente e viabilidade comercial para o Brasil. O objetivo do I Encontro Audiovisual Galícia–Brasil é fazer com que distribuidores e representantes de festivais conheçam, em primeira mão, as produções para distribuição ou participação nos diferentes festivais. A mostra que a Cinemateca Brasileira apresenta é uma ótima oportunidade para que o público e os produtores brasileiros possam prestigiar produtos audiovisuais galegos.
FICHAS TÉCNICAS E SINOPSES
O clube dos sem teito, de Claudia Brenlla
Espanha, 2006, DV, cor, 63'
Falado em português
Exibição em DVD
Documentário sobre as 85 famílias de sem teto que ocuparam um antigo clube esportivo abandonado, localizado num bairro de elite de Salvador, Bahia.
chuzame -
En: Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Com humildade há que reconhecer que ás vezes, mais das desejadas, temos um problema de BIOS...
BIOS = Bichinho Ignorante Operador do Sistema
Obrigado ao amigo Cláudio F. Filho, gostei a beça !
chuzame -
En: Brasil, Curiosidades, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »