Xunta Xeral de AGNIX (Fotos)
Eis as fotos da xunta xeral de AGNIX que aconteceu o pasado dia 10 de marzo de 2007 na Casa Amancio (Lavacolla, Santiago).
O dia comezou co traballo asociativo con non poucos puntos e proxectos. Despois foi un paseo polos arredores e logo a paparotada. Nela quixen brindar polo presi e por Toni, que tanto e tanto ben están a facer por AGNIX. O dia rematou cunha siesta por parte duns poucos (até tiñamos dous sofás!) e unha intensa sesión de sw e coñecemento libres. Foi todo tan fantástico que até pensamos durmir para a seguinte xuntanza...
Un dia inesquecible, con certeza.
chuzame -
En: AGNIX, Amizade, Cultura Libre, FLOSS por Roberto Brenlla

Leave a Reply