Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800

O pasado 23 de marzo Nokia anunciou a dispoñibilidade dunha actualización da versión Bora do Internet Tablet OS 2007, un derivado máis de Debian GNU/Linux.  Con el garanten a eliminación de varias eivas previas como a inestabilidade do navegador, a calidade da reprodución de video e flash ou a conexión vía Bluetooth.

Irei poñendo unha serie de pequenos artigos coas cousas que lle fago ao meu N800 e nada mellor que comezar cun como este por ser un proceso perigoso, sobor de todo para alguén como eu, sen perfil técnico :-)

Para facerlle o flashing ao N800 hai que anotar o número de identificación do aparello porque pediranno despois. Desenchufado, extraio a tapa traseira e apunto o número de 12 díxitos correspondente á liña Nokia WLAN.

Seguindo os consellos deste artigo oficial do sitio Maemo.org, fago unha copia de seguridade dos datos e configuracións posto que esta operación de reflashing borra tódolos datos (repositorios, marcapáxinas, aplicacións instaladas antes...). Vamos, que o deixa como o primeiro dia que o mercaches. O propio N800 xa trae unha aplicación para iso.

Acto seguido descargo a aplicación flasher-3.0 nesta ligazón. Tras aceptar a licenza descargo a versión que máis se axeita ao teu PC ou portátil. Despois baixo a imaxe do firmware nesta ligazón. Aquí é onde teño que pór os devanditos 12 díxitos tras clicar á altura do recadro en verde nomeado Send. Ollo porque non ten nin recadro nin semella ter unha liña ad hoc. Clico e actívase o cursor para que poña os díxitos. Logo de premer comeza a descarga dos 83 MB.

Con isto xa teño todo o necesario para comezar o traballo. O que segue comentareino noutro artigo.

Non se pode amosar a imaxe “http://es.gizmodo.com/gadgets/nokia_n800.jpg” porque contén erros.

Chuzame! chúzame -

4 Responses to “Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800”

  1. jo, q envexa! teño esta compra pendente dende hai temop! cando consiga aforrar un pouco será o primeiro que faga… de momento confórmome con ler os teus artigos! :D

  2. [...] De momento esta sincronización fágoa ‘a pelo’. Amosareino nalgún vindeiro artigo como continuación ao de Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800. [...]

  3. [...] Despois de seguir co amosado no anterior artigo Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800 xa teño todo para poñerme mans á obra . [...]

  4. [...] Seguindo co amosado na primeira e na segunda partes da actualización no meu Nokia Internet Tablet N800 comento como acadar a sincronización co Evolution namentres non rematen proxectos en curso para facelo automaticamente. [...]

Leave a Reply