GPS para o meu Nokia Internet Tablet N800

Por fin completarei o meu N800 co moi agardado Kit de navegación GPS, polo de agora dispoñible só na tenda on-line de Nokia por 199€.

O contido do paquete inclúe:

  • Módulo GPS inarámico Nokia LD-3W
  • Tarxeta de memoria MiniSD 1 GB
  • Soporte para coche Nokia HH-12 con CR-86
  • Cargador para coche Nokia DC-4
  • Guías de uso Nokia
  • Guía rápida de Navicore Personal 2007
  • DVD Navicore Personal 2007 con software, mapas de Europa

Pero non é esa a única boa nova destes dias. Entereime que Google Code por fin fará realidade un dos máis agardados proxectos para Maemo, incriblemente non incluido de serie neste polivalente aparello: un sinxelo sincronizador de datos entre dispositivos. Empregará calquera medio, Bluetooth/WiFi/USB, e sincronizará marcapáxinas, correos, axendas, documentos...

De momento esta sincronización fágoa 'a pelo'. Amosareino nalgún vindeiro artigo como continuación ao de Actualizando o meu Nokia Internet Tablet N800.

Eis o Navigation Kit

Non se pode amosar a imaxe “http://direct.nokia.com/pics/product/NavKitN800_lg.jpg” porque contén erros.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “GPS para o meu Nokia Internet Tablet N800”

  1. […] O meu achegamento ao GPS que recibín aínda onte está a ser moi doado: é intuitivo, directo e moi completo. Probeino unha hora, paseino no coche e probei outra hora máis e xa lle teño collido o xeito para o principal que de antemán quería. Iso xa está! […]

  2. […] Publicado na categoría Software Libre, Relatorios, Eventos, TEGNIX | Trackback | del.icio.us |Enriba […]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image