xterm, ssh… e sincronzación no N800
Seguindo co amosado na primeira e na segunda parte da actualización no meu Nokia Internet Tablet N800 comento como acadar a sincronización co Evolution namentres non rematen proxectos en curso para facelo automaticamente.
Os repositorios están nesta ligazón. Engádoos de xeito gráfico coa mesma ferramenta que trae o N800. Actualizado isto, póñome a instalar as ferramentas esenciais: Osso Xterm e Dropbear SSH Servidor e Cliente.
Tamén podes evitar engadir os repositorios indo directamente á páxina de aplicacións dispoñible na propio portal do proxecto maemo.org e ir premendo nas ligazóns para instalar o que queiras posto que vanse engadindo os repositorios xunto cos paquetes que instalas.
Ben, á ácción:
Abro consola no N800 Aplicacións/Extras/Xterm
-ifconfig (e ollo o seu enderezo IP, por exemplo a 192.168.1.3)
No portátil abro tamén unha consola e tecleo:
ssh root@192.168.1.3
root@192.168.1.3's
password: rootme
Estou traballando xa dentro do sistema do N800 pero dende o portátil:
Troco os contrasinais de 'user' e 'root':
-passwd user (poño o que queira dúas veces) => puxen 'nova_user'
-passwd root (poño o vello contrasinal e mailo novo) =>'nova_root'
Probo a facelo como usuario normal para crear un directorio de sincornización que nomearei como 'sincro':
ssh user@192.168.1.3
user@192.168.1.4's password:
BusyBox v1.1.3 (Debian 3:1.1.3-3.osso17) Built-in shell (ash)
Enter 'help' for a list of built-in commands.
~ $ ls
MyDocs apps
~ $ cd MyDocs/
~/MyDocs $ ls
~/MyDocs $ mkdir sincro
~/MyDocs $ exit
Connection to 192.168.1.3 closed.
No Evolution do meu PC ou portátil creo no meu 'home' o directorio 'n800' e comezo a copiar o que me interesa sincronizar.
Tarefas:
cd /home/roberto/.evolution/tasks/local/system
cp tasks.ics ~/n800/
Calendar:
cd /home/roberto/.evolution/calendar/local/system
cp calendar.ics ~/n800/
Contacts:
Abrir contactos no Evolution
Ficheiro/Gradar Libro de Contactos como VCard
Gárdoo en ~/n800 como lista.vcf
==>> Mágoa que hai que borrar tódolos contactos anteriores porque senón duplícaos!
Outra forma posible para o Libro de Enderezos (?, non confirmada)
cd /home/roberto/.evolution/addressbook/local/system
cp addressbook.db ~/n800/
Agora hai que levar todos estes arquivos ao N800 onde xa creara un cartafol 'sincro' dentro do MyDocs:
Dende o directorio 'n800' do portátil paso os arquivos antes copiados ao N800
-cd ~/n800
-scp addressbook.db calendar.ics lista.vcf tasks.ics user@192.168.1.3:~/MyDocs/sincro
-password: nova_user
Agora a facer efectiva a sincronización... pero xa de xeito gráfico coa propia N800 empregando as ferramentas gráfcas do grupo GPE PIM.
Por certo, hoxe recibirei o GPS.
chuzame -
En: FLOSS, Nokia N800 por Roberto Brenlla
Leave a Reply