Nokia N800 with Navicore Personal 2007 GPS

O meu achegamento ao GPS que recibín aínda onte está a ser moi doado: é intuitivo, directo e moi completo. Probeino unha hora, paseino no coche e probei outra hora máis e xa lle teño collido o xeito para o principal que de antemán quería. Iso xa está!

Agora veñen outras cousas a probar e até pensar no futuro, refírome ás actualizacións. Pois ben There are no monthly or any other types of fees which have to be paid to access and use maps. Maps and traffic information can be upgraded for a fee, é dicir, usar os mapas que trae non custa porén as actualizacións de tráfico e mapas poden ter unha tarifa. O amigo capri99 di que poden ser uns 40-60 euros/ano alén dalgunhas cousas máis... durante a recente viaxe ao III CISL de  Badaxoz.

O que me mosqueou é como son as actualizacións que facilita a empresa que fornece o software que controla os mapas de Tele Atlas e mailo GPS, a Navicore. As actualizacións só están dispoñibles para Hasecorp! Cómo é posible isto? Estouno a empregar nun N800 que rula co Internet Tablet OS 2007 do proxecto maemo.org, unha Debian modificada!

Nem bem assim. O N800 leva o Google Talk e este só está rulando con usuarios de Hasecorp... estando baseado no estándar aberto XMPP-Jabber! Así que a videoconferencia terá que agardar. E xa estamos agardando unha chea de tempo, oficialmente dende o 24 de agosto de 2005! Por que non temos o ekiga?

Volvendo ao Navicore, a empresa do software que manexa mapas co GPS. Escribínlles e xa me respostaron. Esta foi a mensaxe e resposta:

> Phone Model *: Nokia N800 Internet Tablet
> Operator *: Orange PCS ltd
> Map Area: Navicore Personal Iberia
> Program version: 2.3
> Map version: TA2006.07
> Support request *: Hi,
>
> I use my Nokia N800 with Navicore Personal 2007 and
> like N800 does NOT has MS-Windows as its operating system, I do NOT
> use any product of Microsoft. I use Ubuntu GNU/Linux so... How can
> I update my Navicore ?

>
> Although I know lots of people uses MS, not
> everybody does... so... Should I have to buy an MS OS too? Why?
>
> Please, think about this users discrimation (Mac,
> any Linux flaver... ) and bring us a solution, please.
>
> Thank you in advance for your answer,
> R. Brenlla

>
Dear Sir,

thank you for contacting Navicore and for your suggestion.
It has been handed over to our product development department. We will
inform you whether Navicore is preparing update page compatible also
with MAC or Linux PCs as soon as we receive some information from them.

Best regards,
Navicore customer service

Esperemos que non sexa unha resposta para escurrir o bulto. :-/

Chuzame! chuzame -

One Response to “Nokia N800 with Navicore Personal 2007 GPS”

  1. [...] A historia vén do módulo GPS que merquei para el. Medra a utilidade deste fantástico dispositivo móbil pero para actualizar este software terei que empregar sw privativo. [...]

Leave a Reply