Darei relatorio en Mugardos

Desta vez como socio de C.T.I TEGNIX darei un novo relatorio das "Directrices Migratorias e Servidores" nas IV Xornadas de Software Libre en Mugardos o sábado 21 ás 18,45 hs. Maila ser a mesma temática empregada noutras ocasións, desta vez engadinlle unhas melloras, condenseina para que fora máis breve e fíxena máis asequible e amena.

O programa do evento que terá lugar no Salón de Plenos do concello é:

  • 16:30 horas:
    • Relator: David Carracedo (Academia Postal)
    • Tema: Software libre: O estado actual
  • 17:30 horas:
    • Relator: Andrés J. Díaz (Mancomún.org) (sen confirmar porque substitúe a Jesús Arribi)
    • Tema: O Proxecto Mancomún: iniciativa galega polo software libre
  • 18:45 horas:
    • Relator: Roberto Brenlla (C.T.I. TEGNIX, S.L.)
    • Tema: Directrices migratorias e Servidores
  • 19:45 horas:
    • Relator: Andrés J. Díaz (Mancomún.org)
    • Tema: Máquinas virtuais: a forxa de Mancomún
  • 20:45 horas:
    • Relator: Alberto Permuy Leal (MyC)
    • Tema: Squid: cacheando a rede

Despois do evento haberá paparotada co ben coñecido polbo á mugardesa.

Aproveitarei a viaxe para probar unha nova ruta que é a que me recomenda o meu novo GPS posto que sempre ía pola autofista ata Fene e logo tiraba cara Mugardos. Segundo o aparello, agora terei que sair por Cabanas e tirar monte a través por unha estrada directa a Mugardos cun tempo de viaxe estimado de 38 minutos dende a miña casa. Cousas da tecnoloxía!

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply