Aconteceu nas Xornadas Sw Libre de Mugardos

Tras levar a Xosé Otero a urxencias, falar dos vindeiros cursos que daremos e comer en Fene fumos a Mugardos. Alí tiña unha nova intervención, desta vez como socio de C.T.I. TEGNIX para dar un relatorio de Directrices Migratorias.

Nel coincidín con David Carracedo, Andrés J. Díaz e Alberto Permuy como relatores pero tamén cadrou de ver Amador Loureiro (dorfun) e Miguel Fernández.

Creo que foron un éxito xa que logo os comentarios verquidos foron todos moi motivadores, non só referentes á miña intervención senón ás dos demais e mailo evento en si.

O dia tamén serviu para poder charlar polo miudo con Miguel, Amador e até saborear unha rica cea na vila.

En fin, noraboa á organización!

Deixo as ligazóns a unhas fotos tomadas ese dia: Andrés comentando a Forxa de Mancomun.org, o previo da cea e a trala cea.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply