Pasando os contidos de Evolution a outra conta

Deixo eiquí unha copia dun artigo que fixera para AGNIX hai un tempo e que con relativa frecuencia teño que empregar.

O meu obxectivo era pasar todos os contidos que tiña no xestor de correo-e Evolution nunha conta persoal dunha máquina a outra máquina. Maila que o Evolution non proporciona unha forma gráfica de facer unha copia de seguridade dos correos, contactos e configuración, puiden facelo aínda que para ilo tivera que empregar a liña de comandos. Na conta de orixe fixen:

Evolution

$ gconftool-2 --shutdown
$ evolution --force-shutdown
$ cd $HOME
$ tar czf evolution-backup.tar.gz
--exclude=.evolution/mail/imap
.evolution .gnome2_private/Evolution
$ gconftool-2 --dump /apps/evolution > evolution_setting.xml

É bo ter alomenos nunha das máquinas o servidor openssh-server para copiar de xeito seguro os arquivos necesarios. De non telo executándose, por exemplo na máquina 'destino' dos arquivos, arráncase (nunha Debian, Ubuntu e similares) así:

$ sudo /etc/init.d/openssh start

Na máquina orixe dos arquivos fixen:

$ scp evolution* roberto@192.168.0.2:/home/roberto

Substitúe os datos oportunamente: nome da conta e maila IP da máquina. E na conta de destino para restaurar a copia sería:

$ gconftool-2 --shutdown
$ evolution --force-shutdown
$ tar xzf evolution-backup.tar.gz
$ gconftool-2 --unload evolution_setting.xml
$ gconftool-2 --load evolution_setting.xml

Alén disto tamén tiña activado o spamasassin. Daquela, na máquina destino instaleino e configureino para que se activara en cada arranque. Para iso modifiquei o arquivo /etc/default/spamassassin:

$ sudo gedit /etc/default/spamassassin

Procurei a liña axeitada...

# Change to one to enable spamd
ENABLED=0

... e troqueina pola seguinte:

# Change to one to enable spamd
ENABLED=1

Arrancamos o servizo:

$ sudo /etc/init.d/spamassassin start

Feito isto, todo ficou como agardaba ;-)

Para facelo baseeime neste artigo.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply