Guía de Iniciación a OOo en galego

CTI TEGNIX dará cursos no CIS Galicia (Cabanas-Ferrol) sobre a suite ofimática OpenOffice.org. Para isto seleccionou capítulos da Guía de Iniciación de OOo-Authors, traduciunos, engadiu textos para prácticas e até preparou uns sinxelos videos explicativos.

Podedes descargar tanto os PDF como as fontes, nesta ligazón. Os videos están aquí.

Algúns comentarios ao redor desta iniciativa:

  • Ofrécese este material á comunidade, de xeito libre con licenza Creative Commons 2.5 Recoñecemento, a través de Mancomun.org (incluidos os videos). Moitas persoas e organizacións pódense beneficiar deste traballo.
  • Dado que se trata dunha selección de capítulos, aínda restan uns poucos por seren traducidos.
  • Porén, si están os esenciais para cursos non moi extensos: Writer, Calc, Base, Impress, Estilos e Modelos. Faltan Draw ou Math.
  • Eliximos a Guía de OOoAuthors por ser máis breve cá oficial de OOo. A de OOo ten un mínimo de 500 páxinas, a de OOoAuthors se adecúa mellor a cursos de 10 a 30 horas, en función das habilidades didácticas.
  • O traballo conxunto consta de 7 documentos, 173 páxinas, +35.000 palabras...
  • Nesta guía traballaron 4 persoas (3 traduciron e 1 para videos e supervisión).
  • As traducións están a moi bo nivel. Porén, sería ideal dispor dunha ulterior armonización e normativización.
  • Tamén sería ideal que nacera unha comunidade galega específica para o OOo, ao xeito do que xa existe noutros países. Estou en contacto con Claudio F. Filho (BR-Office) para tentar organizar un evento a través de AGNIX antes de rematar este ano.
  • Alomenos sería ideal que se partira deste traballo para completalo e logo actualizalo, abríndoo á participación da comunidade con ferramentas tipo wiki ou afíns.
  • Estivemos tentados a reutilizar traballos feitos por diversas iniciativas galegas. Nembargantes, a decisión final sopesou moitos factores, entres eles a urxencia en dispor dalgo cen por cen eficaz e maila modularidade de contidos.

Dende C.T.I. TEGNIX confiamos que sexa do agrado da comunidade e, sobor de todo, de moita utilidade.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply