As 500 Millas de Indianápolis celebradas este pasado fin de semanda deron como resultado un kernel panic. Tal como se comentara nesta páxina, houbo un proxecto, nomeadamente tux500, para estampar unha pegata coa publicidade do Tux de Linux. Acadáronse 18,308.90 dólares por parte do voluntariado que quixo participar.

Porén, a estadía nesta competición apenas durou 36 voltas, ficando Tux no derradeiro lugar da clasificación xeral!
A fonte e máis fotos.

chuzame -
En: AGNIX, Brasil, Curiosidades, FLOSS, Racing por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
Vivimos nuns tempos onde a morte está omnipresente nos telexornais, prensa rosa... case sempre allea á nosa realidade agás cando nos toca de preto por algún familiar ou amizade que deixa atrás a súa existencia.
A nosa cultura agocha á morte, nin nos prepara para asumila con naturalidade nin a temos presente para que nos rixa na vida no senso de aproveitar o que temos polo efímero e breve caracter do noso presente. Explícome, ás máis das veces xeramos problemas persoais por calquera motivo por pequerrecho que seña, xeramos competencia e un sinfín de atrancos á positividade que, dende o meu xeito de pensar, debería presidir a nosa vida.
Si, eu penso na morte constantemente, case afirmaría que a cotío (só porque son un desgraciado fumador?), porque faime consciente de que temos que vivila con entusiasmo e enerxía, con positvidade e bo humor, evitando barullos e disfrutando de cada intre, incluso artificiosamente se fora preciso porque quero gozar da miña existencia que é o que me importa.
Gustaríame ser até máis consciente da presencia da morte, para vivir a vida máis intensamente, contribuindo a facer vivir aos meus do mesmo ou mellor xeito que desexo para min.
Esta anotación non é só unha reflexión ao redor da morte senón da importancia que ten saber aproveitar a felicidade de vivir o presente. Ben o sabemos por Vinícius de Moraes: Tristeza não tem fim felicidade sim.
chuzame -
En: Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Xa escribira un artigo referido a casos como este que acontecen cando importas arquivos nun formato distinto ao do teu sistema.
Desta vez dinme de bruces cun de Guilherme Jr. que textualemente di:
Ontem recebi uns 100 arquivos que estavam codificados em iso-8859-1, como o Kubuntu usa utf-8 eles ficaram truncados onde tinha acentos, então fiz esse Shell Script abaixo para que ele convertesse todos os arquivos para mim 
#!/bin/bash
PROGRAMA=`basename $0`
for i in *
do
if [ "$PROGRAMA" != "$i" -a ! -d "$i" ]
then
iconv -f iso-8859-1 -t utf-8 $i > $i.utf
mv $i.utf $i
fi
done
Outros artigos interesantes de Guilherme Jr. poden ser sobre as súas extensións favoritas para o Firefox, o DownTube que baixa videos de YouTube... e varios máis.
chuzame -
En: AGNIX, Brasil, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Jesús Arribi, coordinador técnico de mancomun.org, vén de expoñer as súas ideas para a SociedadedaInformación.eu baixo o título Vías para a difusión do software libre.
Entre todas as súas ideas subliño unha que realmente comparto pola preocupación que persoalmente me está a xerar: Formar a Formadores.
Arribi sinala:
A capacitación dos profesionais informáticos é outro dos cabalos de batalla. Actualmente existen carencias importantes polo que hai que promover a formación en Software Libre dos futuros profesionais informáticos actuando coordinadamente cos centros de formación especializada, públicos e privados.
Estas accións formativas deben ir máis aló dos técnicos informáticos e abarcar tamén aos empregados e usuarios comúns mediante cursos, guías de implantación e migración, guías de solucións e aplicacións, etc.
Por se alguén aínda non se decatara da súa crucial importancia, escribirei sobor disto en máis profundidade nun outro artigo posto que pode ser determinante para o éxito ou fracaso da existencia de liberdade tecnolóxica entre nós.
chuzame -
En: Amizade, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
| Onte, 23 de maio de 2007, sementouse o que será a asociación galega de empresas de Software Libre. A esta primeira xuntanza presentáronse máis dunha dúcia de representantes de empresas especializadas, todas elas PEMEs, case que todas micro-PEMEs (menos de 10 traballadores) e de moi recente creación.
Para esta ocasión contouse coa inestimable presenza de Daniel Armendáriz, presidente da homóloga basca ESLE (Euskadi Software Libreko Enpresen Elkartea), conformada por 26 PEMEs que ofrecen emprego a máis de 150 persoas, a maioría delas cunha media de 2 ou 3 traballadores e facturación entre 30 e 60.000 euros.
Co mesmo espíritu de transparencia, apertura e dinamismo que comparte co Sw Libre, a futura asociación pretende:
- Fomentar a colaboración entre as empresas asociadas.
- Profesionalizar a asociación.
- Definir que é o Sw Libre a nivel empresarial para que unha empresa poda ser considerada como 'Empresa de Sw Libre'.
- Axudar ás novas empresas que vaian xurdindo neste ámbito.
- Crear un Tribunal para a resolución de conflictos de intereses.
- Colaborar cos gobernos da nosa comunidade á hora de tomar decisións estratéxicas no ámbito da Sociedade do Coñecemento.
- Participar na futura federación de asociacións de ámbito estatal e até europea.
Para isto cóntase coa axuda de Mancomun.org onde estarán as primeiras listaxes de correo-e que abrirán o debate constitucional así como un sitio web informativo.
As empresas que desexen incorporarse nesta fase constitutiva poden anotarse escribíndolle a Javi Vázquez quen guiou esplendidamente esta primeira xuntanza. |
chuzame -
En: FLOSS, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Así como as relixións teñen faccións extremistas ou até talibáns, isto mesmo leva ben tempo acontecendo no sw libre.
Ao meu entender, os sólidos e inapelables valores éticos que aporta o sw libre leva á xente devota destes valores a facer con iso unha nova relixión. Como en moitas relixións logo acontece que nacen seitas interpretativas da 'verdade' dogmática. Cada seita ten a súa 'verdade'. E claro, como dipoñen da 'verdade'... calquera lles recomenda meditar introspectivamente a carón dunha reparación de humildade!
Non rematando aquí, este proceso prosegue aínda máis aló. Xorde así o talibanismo. Quen coñece profundamente o sw libre ou é activista ben sabe do talibanismo. Os talibáns dan a entender que son eles e só eles os posuidores da verdade. Como posuidores dela poden acometer calquera tipo de 'actos' a prol da defensa da 'verdade'. Uns lapidan a quen non pensa exactamente como o grupo talibán, é dicir a todo o seu redor, e outros chegan 'mentir' para defender á 'verdade'. Conmigo chegaron até usurpar a miña identidade!
Quen coñeza o sw libre dende os tempos no que todo era a liña de comandos ou leve ben tempo dixerindo este complexo mundo das catro liberdades, seguro que adora todo o movemento, alaba a heteroxeneirade da comunidade e até chega a comprender certos postulados do talibanismo. Mais o realmente preocupante é que o talibanismo non se decata que aínda a dia de hoxe ningún está a empregar sw libre na súa integridade. Cadé os códigos dos microprocesadores, códigos dos chips dos diversos compoñentes da placa nae, tarxetas gráficas, de son...? Cadé? Todo hardware con firmware leva software e poucos preocúpanse hoxe de que éste sexa libre.
Aínda queda moita cousa a facer ata o momento de anunciar: emprego sw libre ao 100%. Daquela prégolles aos afortunadamente poucos talibáns a que teñan un chisco de humildade e non erren unha vez máis: non é preciso 'mentir' para defender a 'verdade'. Aliás, ao meu entender, nunca é preciso 'mentir' !
chuzame -
En: FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
A longa historia ao redor da actualización do software e mapas que a empresa Navicore inclúe no GPS do Nokia Internet Tablet N800 chega ao seu remate. Recibín esta mensaxe:
Dear Sir,
you can now install Navicore Personal to your Nokia Internet Tablet
without the Windows installer by copying the needed files (from the link
below) into a memory card. Please follow the instructions on this link:
http://www.navicoretech.com/Consumer/Support/Downloads/tablet/en_GB/tablet/
Que bom!
Paga a pena reclamar e insistir para que nos fagan caso. E non é o primeiro caso no que se acade éxito...
chuzame -
En: Nokia N800 por Roberto Brenlla
1 Comentario »
O conto do software para o GPS no meu N800 semella rematar cunha solución non axeitada ao meu desexo pero solución ao fina e ao cabo.
Houbo outra persoa que tamén criticou o que eu comentei no anterior artigo sobre este tema e solucionouno grazas a Wine.
A seguir deixo as mensaxes que nos enviamos:
> Dear Sir,
>
> we have had a similar case with one Linux user - he was able to run both
> Navicore applications (installer and updater) with Ubuntu 7.04 and Wine
> 0.9.33 (compatibility layer for running Windows programs). If you do not
> have any possibility to run the Navicore applications on Windows PC, you
> can try to install Wine ->
> http://www.winehq.org/
Thank you Karel !
Of course I already knew this possibility, althouth it is not exactly
what a customer needs from a software provider. Any way, I really
appreciate your effort and kindness answering to me very quickly.
I hope that my suggestion can make your enterprise think about develop
for 'all' their customers, not only for windows users.
Once again, sincerely, thank you very much.
Roberto Brenlla
chuzame -
En: Nokia N800 por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Incrible! Un produto que executa unha versión de Debian, dispón de desenvolvemento libre a través do proxecto maemo.org sobre o cal dispón aplicacións libres ben coñecidas como o Gaim ou xterm, tamén precisa de window$.
A historia vén do módulo GPS que merquei para el. Medra a utilidade deste fantástico dispositivo móbil pero para actualizar este software do GPS terei que empregar sw privativo.
A propia Navicore, empresa fornecedora do sw para o GPS, así o di. Deixo a seguir tanto a súa resposta como a miña:
> Dear Sir,
>
> we have just received a reply from our product development department
> regarding the compatibility of Navicore update service with Mac and
> Linux operating systems - the problem is simply that unfortunately there
> are not enough users for it to be worth the manpower for Navicore to
> make installations for these operating systems.
Thank you for your answer.
I'm going to publish it everywhere I can such as Nokia project
'maemo.org', core of Nokia N800 for which I bought your GPS software.
Remeber that Nokia N800 runs Linux... amazing!
Best regards
--
Roberto Brenlla
chuzame -
En: Nokia N800 por Roberto Brenlla
1 Comentario »