Talibanismo no Sw Libre

Así como as relixións teñen faccións extremistas ou até talibáns, isto mesmo leva ben tempo acontecendo no sw libre.

Ao meu entender, os sólidos e inapelables valores éticos que aporta o sw libre leva á xente devota destes valores a facer con iso unha nova relixión. Como en moitas relixións logo acontece que nacen seitas interpretativas da 'verdade' dogmática. Cada seita ten a súa 'verdade'. E claro, como dipoñen da 'verdade'... calquera lles recomenda meditar introspectivamente a carón dunha reparación de humildade!

Non rematando aquí, este proceso prosegue aínda máis aló. Xorde así o talibanismo. Quen coñece profundamente o sw libre ou é activista ben sabe do talibanismo. Os talibáns dan a entender que son eles e só eles os posuidores da verdade. Como posuidores dela poden acometer calquera tipo de 'actos' a prol da defensa da 'verdade'. Uns lapidan a quen non pensa exactamente como o grupo talibán, é dicir a todo o seu redor, e outros chegan 'mentir' para defender á 'verdade'. Conmigo chegaron até usurpar a miña identidade!

Quen coñeza o sw libre dende os tempos no que todo era a liña de comandos ou leve ben tempo dixerindo este complexo mundo das catro liberdades, seguro que adora todo o movemento, alaba a heteroxeneirade da comunidade e até chega a comprender certos postulados do talibanismo. Mais o realmente preocupante é que o talibanismo non se decata que aínda a dia de hoxe ningún está a empregar sw libre na súa integridade. Cadé os códigos dos microprocesadores, códigos dos chips dos diversos compoñentes da placa nae, tarxetas gráficas, de son...? Cadé? Todo hardware con firmware leva software e poucos preocúpanse hoxe de que éste sexa libre.

Aínda queda moita cousa a facer ata o momento de anunciar: emprego sw libre ao 100%. Daquela prégolles aos afortunadamente poucos talibáns a que teñan un chisco de humildade e non erren unha vez máis: non é preciso 'mentir' para defender a 'verdade'. Aliás, ao meu entender, nunca é preciso 'mentir' !

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “Talibanismo no Sw Libre”

  1. Sabes? O talibanismo ocorre cando se olvida o para qué?. E no caso que nos ocupa… para qué usar software libre? Para dotarnos de liberdade, de soberanía. Ó respecto gustoume moito a última frase de Javi no podcast que lle fixen

    “O que estamos a defender é unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal. Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el. E o soft libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, se alinea con esa estratexia para alcanzalo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo. Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento”.

  2. Pois entón, Andrés, concordamos plenamente ;-)

  3. […] que o activismo vai atopando no camiño vanlle afianzando na súa postura ata convertirse en talibanismo, é dicir, intransixencia a outras posturas distintas á súa. Non se pode admitir o sw […]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image