Seméntase a asociación galega de empresas de Software Libre

Onte, 23 de maio de 2007, sementouse o que será a asociación galega de empresas de Software Libre. A esta primeira xuntanza presentáronse máis dunha dúcia de representantes de empresas especializadas, todas elas PEMEs, case que todas micro-PEMEs (menos de 10 traballadores) e de moi recente creación.

Para esta ocasión contouse coa inestimable presenza de Daniel Armendáriz, presidente da homóloga basca ESLE (Euskadi Software Libreko Enpresen Elkartea), conformada por 26 PEMEs que ofrecen emprego a máis de 150 persoas, a maioría delas cunha media de 2 ou 3 traballadores e facturación entre 30 e 60.000 euros.

Co mesmo espíritu de transparencia, apertura e dinamismo que comparte co Sw Libre, a futura asociación pretende:

  • Fomentar a colaboración entre as empresas asociadas.
  • Profesionalizar a asociación.
  • Definir que é o Sw Libre a nivel empresarial para que unha empresa poda ser considerada como 'Empresa de Sw Libre'.
  • Axudar ás novas empresas que vaian xurdindo neste ámbito.
  • Crear un Tribunal para a resolución de conflictos de intereses.
  • Colaborar cos gobernos da nosa comunidade á hora de tomar decisións estratéxicas no ámbito da Sociedade do Coñecemento.
  • Participar na futura federación de asociacións de ámbito estatal e até europea.

Para isto cóntase coa axuda de Mancomun.org onde estarán as primeiras listaxes de correo-e que abrirán o debate constitucional así como un sitio web informativo.

As empresas que desexen incorporarse nesta fase constitutiva poden anotarse escribíndolle a Javi Vázquez quen guiou esplendidamente esta primeira xuntanza.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image