Vías para a difusión do software libre
Jesús Arribi, coordinador técnico de mancomun.org, vén de expoñer as súas ideas para a SociedadedaInformación.eu baixo o título Vías para a difusión do software libre.
Entre todas as súas ideas subliño unha que realmente comparto pola preocupación que persoalmente me está a xerar: Formar a Formadores.
Arribi sinala:
A capacitación dos profesionais informáticos é outro dos cabalos de batalla. Actualmente existen carencias importantes polo que hai que promover a formación en Software Libre dos futuros profesionais informáticos actuando coordinadamente cos centros de formación especializada, públicos e privados.
Estas accións formativas deben ir máis aló dos técnicos informáticos e abarcar tamén aos empregados e usuarios comúns mediante cursos, guías de implantación e migración, guías de solucións e aplicacións, etc.
Por se alguén aínda non se decatara da súa crucial importancia, escribirei sobor disto en máis profundidade nun outro artigo posto que pode ser determinante para o éxito ou fracaso da existencia de liberdade tecnolóxica entre nós.
