A morte, para comezar
Vivimos nuns tempos onde a morte está omnipresente nos telexornais, prensa rosa... case sempre allea á nosa realidade agás cando nos toca de preto por algún familiar ou amizade que deixa atrás a súa existencia.
A nosa cultura agocha á morte, nin nos prepara para asumila con naturalidade nin a temos presente para que nos rixa na vida no senso de aproveitar o que temos polo efímero e breve caracter do noso presente. Explícome, ás máis das veces xeramos problemas persoais por calquera motivo por pequerrecho que seña, xeramos competencia e un sinfín de atrancos á positividade que, dende o meu xeito de pensar, debería presidir a nosa vida.
Si, eu penso na morte constantemente, case afirmaría que a cotío (só porque son un desgraciado fumador?), porque faime consciente de que temos que vivila con entusiasmo e enerxía, con positvidade e bo humor, evitando barullos e disfrutando de cada intre, incluso artificiosamente se fora preciso porque quero gozar da miña existencia que é o que me importa.
Gustaríame ser até máis consciente da presencia da morte, para vivir a vida máis intensamente, contribuindo a facer vivir aos meus do mesmo ou mellor xeito que desexo para min.
Esta anotación non é só unha reflexión ao redor da morte senón da importancia que ten saber aproveitar a felicidade de vivir o presente. Ben o sabemos por Vinícius de Moraes: Tristeza não tem fim felicidade sim.
chuzame -
En: Persoal por Roberto Brenlla
Leave a Reply