LinuxMil, para o exército arxentino
LinuxMil non é unha web que amose as infiinitas variantes e personalizacións de distros GNU/Linux existentes senón un proxecto militar arxentino que impulsa o desenvolvemento dun Sistema Operativo propio que garanta: Seguridade, Independencia Tecnolóxica e interoperabilidade na Condución co obxectivo de uso dual (civil-militar).
Trátase dun cd-vivo baseado en UTUTO outra distro que a súa vez baseada en Debian e considerada como distro libre segundo a FSF.
Isto lémbrame a unha nova de mísiles que empregan GNU/Linux. Daquela Carlos Neira engadiu un comentario á devandita nova que me motivou a escribirlle ao propio Richard M. Stallman. A resposta do fundador da FSF foi 'O Software Libre significa que a xente é libre de usalo para calquera propósito; as licenzas que impiden certos usos non son licenzas de Software Libre. O exemplo específico que me ofreces, a defensa con mísiles, é algo que non considero malo (supoñendo que funcione e que non sexa só malgastar os cartos)'.
E hoxe? Creo lembrar que a nova GPLv3 ten en conta este tipo de usos na contra da humanidade.
chuzame -
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »


