Dinamización en Vilalba

Cheguei eufórico a Vilalba, esperto dende as catro da madrugada por mor dunha felicidade que non me permitiu durmir ata transmitirlle aos socios de C.T.I. TEGNIX a boa nova que provocou o meu curto sono. Así de feliz cheguei a Vilalba.

Juan, un profesor do IES Lois Peña Novo, fixo a presentación á miña dobre intervención. Fiquei abraiado coas súas verbas. Estaba eufórico así que escoitar iso aínda me deu máis enerxía, con certeza.

Non demorou moito en comezar a rir o público alí congregado, persoas de diversas idades, todas moi atentas, varias tomando apuntes... En resumo, un público ideal co que disfrutei moito, moitísimo!

Tamén tiven ocasión de conversar con Toni, Rocío, Víctor, Emilio... así que lamentei ter que marchar axiña para que os meus fillos puidesen ir a xa tradicional comida de fin de curso e a un aniversario.

Gardarei con cariño o galo de Sargadelos que me deron como agasallo en Vilalba pois foi un dia inesquecível.

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply