É sw libre Facturalux (Abanq)? Ver para crer!

Ver para crer. Facturalux, hoxe coñecida como ERP Abanq, é unha aplicación aparentemente idónea para as PEMEs agás por semellar ser máis sw privativo ca libre.

Si, si, a súa licenza é GPL, é libre, estamos de acordo mais é corecto…

  • Non respostar ás demandas de aclaracións nin por correo-e nin cubrindo o seu formulario de contacto?
  • Non deixar facer obras derivadas da súa documentación en liña? Olla a súa licenza!
  • Ter a devandita documentación dispoñible só en liña?
  • Ter múltiples e minúsculas melloras a prezos desorbitados?
  • O que é de libre descarga está capado e só serve para empresas que vendan produtos, non vale para as de servizos, nin autónomos nin… Digo capado porque, por exemplo, activar un desconto en factura (algo absolutamente común en calquera empresa) esixe o pagamento dunha extensión posto que a devandita funcionalidade só aparece mais non rula.
  • Mercar algúns dos seus packs é un risco para quen non saiba de sw libre, licenzas e demais detalles. Non atopei por ningures unha garantía de que a licenza destes produtos tamén sexa GPL ou alomenos tenna ben agochada… Se cadra saberase tras mercalos.
  • etc, etc.

O caso é que todo isto causoume perdas de tempo, cartos, paciencia e até moitas dúbidas. Por que elixiu a Xunta esta aplicación para a súa Rede de Dinamización? É ética esta filosofía de desenvolvemento?

Decididamente eu non a recomendo.  Sí a recomendo. Por que? Olla a actualización a esta entrada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “É sw libre Facturalux (Abanq)? Ver para crer!”

  1. [...] Todo comenzó por una entrada en mi bitácora sobre este ERP cuyo contenido fue motivado por la experiencia personal con esta aplicación libre, con licencia GPL y los cursos que estamos impartiendo por diversos puntos de la geografía gallega dentro del proyecto de la Rede de Dinamización gracias a un concurso público ganado por la empresa PC Carrier en la que C.T.I. TEGNIX fue incluida como experta en Software Libre. [...]

Olark Livehelp