Dinamización en Monforte
Ter asistido ás Xornadas de Monforte foi unha gran oportunidade e unha experiencia singular. Alí coincidín con Marta e Toni de OuSLI xunto a Mónica e Lydia, as dinamizadoras de Monforte que foron alumnas miñas en Lugo. Ter sido profesor delas é para estar orgulloso e abofé que así acontece.
Quero subliñar a miña admiración polo seu compromiso a prol de levar adiante estas xornadas, con moita profesionalidade e esforzo xa que logo ben sei que calquera evento é unha tarefa complexa, até estresante demais. Tanto esforzo pagou a pena. Noraboa a Mónica e Lydia!
Alén deste traballo ben feito, mimaron a nosa estadía con moito cariño ata deixarnos abraiados.
Tamén foi unha sorte compartir esta estadía con Marta e Toni de OuSLI. Conversamos moito, compartimos ideas e abrimos vías ás colaboracións futuras. Foi un pracer, con certeza.
Entre público estaba un rapaz que xa coñecera no Porriño. Espero ter máis oportunidades de atopalo noutros eventos e ogallá saiba máis del.
Remato deixando unha ligazón a algunhas fotos que tomei neses dias.

chuzame -
En: Amizade, Eventos, FLOSS, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Leave a Reply